Presentámosvos a Karl, o noso auxiliar de conversa!
martes, novembro 29, 2016
Chegou o outono á Radio Pirata Campañó!
Manuel e Juan da clase de 4º entrevistan á xefa de estudos, María.
Leire, Carmen e Dani de 5º len poemas sobre o outono e Sabela e Antía de 2º recitan unhas adiviñas.
Esperamos que vos guste!
xoves, novembro 24, 2016
Polo Correo do vento homenaxean a Manuel María
Hoxe, viñeron Quique e Carlos, de Polo Correo do Vento a facer unha sesión co alumnado de 6º de Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria na nosa biblioteca. Alí homenaxearon a Manuel María cun conto sobre el.
Polo Correo do vento volveu deleitarnos cunha sesión moi interesante, lúdica e divertida, onde Quique ía contando a historia á vez que Carlos a ilustraba no panel da corcheira. Ó rematar, o alumnado, con lapis ou pintura na man, convertíronnse en ilustradores por un intre. Mentres Carlos ía amosándolles paso a paso o que tiñan que facer, cada un ía dandolle vida á caricatura de Manuel María no seu papel. Foi moi satisfactorio ver as marabillosas obras de arte que conseguiron facer!
Ó rematar, os nenos non puideron evitar darlles un grandioso aplauso e deseosos de voltar a telos no colexio para outra aventura.
Para ver máis fotos, deixámosvos o enlace da galería de fotos pinchando abaixo, na foto.
martes, novembro 22, 2016
Comezamos o TROTACONTOS 2016-2017
Xa estamos de novo en marcha co novo TROTACONTOS 2016-2017 (ou Contoviaxeiro) onde participamos os colexios de:
- CEIP de Parada-Campañó (infantil e primaria) - Colexio coordinador
- EEI de Verducido (infantil e primaria)
- EEI Crespo Rivas (infantil)
- CEIP San Bieito de Lérez (infantil e primaria)
- CEP Campolongo (primaria)
- EEI Fina Casalderrey (infantil)
O tema elexido foi "Petiscos de agarimo" e imos elaborar as nosas páxinas de maneira libre, expresando o que nos suxire o título do conto para logo, ó final do proxecto, elaboraremos un conto conxunto onde teremos moitas versións de "Petiscos de agarimo" que atopamos en cada colexio.
A data de entrega será o xoves, 30 de marzo do 2017. Cada escola elaborará 2 páxinas (ou 3 nalgunha excepción) do conto en tamaño A3, en horizontal, e irán acompañadas de 2 ou 3 fotos dos participantes de cada escola.
O martes, 15 de novembro, tivemos unha reunión conxunta na Rufiteca onde puxemos en común as nosas ideas e concretamos o tema a traballar neste curso escolar. Aínda que elaboraranse 2 libros (de infantil e de primaria), o tema acordouse que sería o mesmo.
Agora so queda poñerse mans á obra e comezar o noso TROTACONTOS e agardando ver o resultado final!!!
luns, novembro 21, 2016
A VACA VALENTINA.- 1º conto das familias de 5 anos
Os nenos e nenas de 5 anos, a través do Conto Viaxeiro, foron elaborando xunto coas súas familias un conto marabilloso titulado "A VACA VALENTINA". Unha ilustracións moi coloridas e unha historia moi divertida!!! Agardamos que vos guste.
Día Mundial dos Dereitos dos Nenos (Radio)
Conmemoramos o Día da Infancia cun programa de radio feito por Noé, Elena, Pablo e Iris.
Esperamos que vos guste!
domingo, novembro 20, 2016
Elmer
Os nenos e nenas de catro anos de Infantil contámosvos o conto de Elmer. Esperamos que vos guste...
martes, novembro 08, 2016
Inventamos unha poesía para aprender a pintar cariñas
Con motivo do proxecto de centro "Aquí pintamos todos", o alumnado de 5 anos inventou unha poesía para lembrar as partes que non deben esquecer cando teñan que debuxarse. Case sempre que debuxan a persoas, esquecen algunha elemento, sobre todo das orellas. Pero, con esta poesía, a primeira parte do debuxo mellorarase! Neste video podedes ver a dramatización da mesma:
"APRENDEMOS A PINTAR NUESTRAS CARITAS"