Foi unha actividade moi enriquecedora e lúdica e gozamos un montón con ela!!
martes, abril 24, 2018
OBRADOIRO DE CALIGRAFÍA MEDIEVAL
Onte no colexio tivemos a sorte de transportarnos á Idade Media. Primeiramente acudimos a unha explicación sobre a caligrafía nesta época: materiais, pergamiño, tipos de tinta, etc. A continuación puxemos en práctica estes coñecementos realizando un pequeno texto do Pergamiño Vindel de Martín Códax, recordando así as aprendizaxes sobre o Códice Calixtino tan intimamente relacionado co Camiño de Santiago sobre o que estamos traballando.
Foi unha actividade moi enriquecedora e lúdica e gozamos un montón con ela!!
Foi unha actividade moi enriquecedora e lúdica e gozamos un montón con ela!!
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Onte foi o Día do Libro, así que enchemos os corredores do colexio de deseños de nenos/as lendo o seu libro favorito. A actividade gustoulles moito e o resultado non podía ser máis divertido.
E como dicía Cervantes: " El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho".
Feliz Día do Libro!!
luns, abril 23, 2018
SAÍDA Á FRAGA DO CICLO DE INFANTIL
O ciclo de infantil, como xa sabedes, partipamos no CONTO VIAXEIRO entre colexios de Pontevedra e, este curso, leva o título "Asubíos na fraga". Por tal motivo, as titoras traballamos nas aulas esta temática.
Despois de investigar sobre que cousas atopamos na fraga, que pode ser un asubío alí,... elaboramos as nosas páxinas do conto (xa mencionado noutro artigo):
Tras todo isto, organizamos unha saída a nosa fraga que está na contorna, en Campañó.
Así que o venres 20 puxémonos en marcha para adentrarnos na fraga. Para iso, fixemos filas formada por tríos:
Un nenos de 3 anos, outro de 4 anos e, dirixindo, un MAIOR de 5 anos.
É marabilloso ver a responsabilidade que adquiren os de 5 anos porque se sinten maiores.
Cando chegamos alí, observamos todas as árbores que alí habían, as follas que son diferentes, os froitos, así como falar dos animais que vivían na fraga onde, para eles, o máis importante e o que era máis protagonista dalí era, por suposto, O LOBO.
Foi unha xornada na que aprenderon moitísimo e disfrutaron a tope pero, A QUE NON SABEDES???? Mentres viñamos de volta, paramos xunto a unha fonte e alí había unha sorpresa!!!! apareceu unha poesía sobre xoaniñas que queremos aprender e traballar sobre ela! Xa vos ensinaremos todo o que nos depara esta poesía...
PARA VER MÁIS FOTOS DESTA SAÍDA, PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO, que fixémola onde atopamos ese "AGASALLO" e co que comezamos unha nova misión.
APADRIÑAMENTO LECTOR
Con motivo da celebración do Día do Libro, o venres realizamos no patio a
actividade do "apadriñamento lector". Nela, os maiores prepararon unha
lectura para contarlles aos máis pequenos. Así, en pequenos grupos
espallados polo patio, gozamos desta agradable xornada compartindo
interesantes historias. Pasámolo xenial, así que seguro qu repetimos!!
Tedes máis fotos desta actividade na galería de imaxes ou PINCHANDO EIQUÍ