mércores, xuño 26, 2019

ATA SETEMBRO!!!!!!

CHEGA O VERÁN, CHEGAN AS VACACIÓNS. CHEGA O TEMPO DE LECER. E CHEGA O TEMPO DE LER. PARA MOITOS, CHEGA O MOMENTO DE FACER TANTAS COUSAS QUE NON SE FAN EN TODO O ANO, COMO IR Á PRAIA OU Á PISCINA E NADAR, ANDAR EN BICICLETA NO LUGAR DE VERANEO OU PRACTICAR ESES XOGOS PARA OS QUE OS ESTUDOS NON DEIXAN LUGAR. É UN TEMPO NO QUE HAI TANTO TEMPO QUE BEN SE PODE SEGUIR A EVIDENTE INVITACIÓN QUE SE TIRA DESTE PENSAMENTO DO ENSAÍSTA INGLÉS JOSEPH ADDISON: "A LECTURA É A MENTE O QUE O EXERCICIO AO CORPO". PORQUE O VERÁN TAMÉN É TEMPO DE FACER AS COUSAS DEVAGAR. DE COLLER UN LIBRO E LELO SEN PRÉSA,SABOREÁNDOO.

(LA VOZ DE LA ESCUELA, 19/06/2019)


FESTA DE VOLUNTARI@S 2019

UN DOS "MOTIVOS" DE QUE A BIBLIOTECA DO NOSO COLE SE POIDA ABRIR TÓDOLOS RECREOS É GRAZAS AOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS.
AO LONGO DESTE CURSO NENOS E NENAS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA COLABORARON NAS FUNCIÓNS DE EMPRÉSTITO, AXUDA AO ALUMNADO, COLOCACIÓN DE LIBROS NAS ESTANTERÍAS...
POR ISO, CHEGADO FIN DE CURSO, TIVERON A SÚA FESTA DE RECOÑECEMENTO.
NELA XOGAMOS A UN "BINGO LITERARIO", REPARTIMOS AGASALLOS E, FINALMENTE, MERENDAMOS XUNTOS E XUNTAS.
ESPERAMOS QUE TOD@S REPITAN O PRÓXIMO CURSO!!!!!!!!!!

ALEJANDRA - XIANA - ALBA - NAYRA - IAGO - NAIARA (3º PRIMARIA)
KATIA - ANTÍA - LAURA - ESPERANZA - UXÍA - FELIPE - EMILIO - CRISTINA - SABELA - PAULA - CARLA - YAIZA (4º PRIMARIA)
EVA - VICTORIA - BRAIS - LUCÍA - ANTÍA - PAULA - ANXO - JORGE - DIMAS - FRAN (5º PRIMARIA)
SAMUEL - MANUEL - ALDARA - LUCÍA - LORENZO - NEREA - EVA - DAVID - LAURA - ALEJANDRO (6º PRIMARIA)

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow made with Smilebox

CONTADORES DAVID, BORJA E PABLO

E DESDE 1º DE PRIMARIA B SE ANIMARON A ACHEGARSE Á BIBLIOTECA BORJA, PABLO E DAVID QUE NOS CONTARON A HISTORIA BEN COÑECIDA DE "OS TRES PORQUIÑOS".
MOITAS GRAZAS POR DEIXAR A UN LADO A VERGONZA E FACELO TAN, TAN  BEN!!!!









XOGO DOS EXPLORADOR@S

DESPOIS DE VARIAS SEMANAS RESPONDENDO ÁS CUESTIÓNS PLANTEXADAS POR RUFIÑO EN TORNO AO PROXECTO DO COLE "AS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS"...
CHEGOU O MOMENTO DE FACER ENTREGA DAS MEDALLAS A TODOS AQUELES E AQUELAS QUE SE ANIMARON A PARTICIPAR!!!!

COMEZAMOS COS QUE CONSEGUIRON A MEDALLA DE OURO, CUN TOTAL DE 12 PARTICIPACIÓNS, PLENO TOTAL!!!!!!!






NO SEGUNDO ESCALÓN DO PODIUM TEMOS OS QUE CONSEGUIRON A MEDALLA DE PRATA, ROZANDO A PRIMERIA POSICIÓN!!!!!!









E COMPLETANDO A ÚLTIMA POSICIÓN DO PODIUM TEMOS OS GANADORES E GANADORAS DA MEDALLA DE BRONCE!!!!!







E, POR ÚLTIMO, MEDALLAS DE CONSOLACIÓN PARA TODOS OS PARTICIPANTES QUE EN ALGÚN MOMENTO PASARON POLA BIBLIO A RESPONDER ÁS PREGUNTAS!!!!!!!!! 








MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS POR PARTICIPAR!!!!!!!

CONTADOR IVÁN

"A GUERRA DOS NÚMEROS" FOI O TÍTULO DO CONTO ELIXIDO POR IVÁN, DE 1º DE PRIMARIA B, PARA FACER A SÚA SESIÓN DE CONTACONTOS.
MOITAS GRAZAS POR ANIMARTE CON ESTA HISTORIA QUE NON CONOCÍAN OS PRESENTES NO PÚBLICO.
PARA O PRÓXIMO CURSO, MÁIS!!!!!








NOVA EMISIÓN DE RADIO PIRATA CAMPAÑÓ

CO GALLO DE CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS CONVOCAMOS NO COLE UN CERTAME DE RELATOS CURTOS NO QUE PARTICIPOU ALUMNADO DE PRIMARIA.
OS GAÑADORES E GAÑADORAS TIVERON O PRIVILEXIO DE QUE AS SÚAS HISTORIAS PROTAGONIZAN UNHA EMISIÓN DE RADIO.
PARA PODER ESCOITALAS E DESCUBRIR QUEN SE AGOCHA DETRÁS AQUÍ QUEDA O ENLACE!!!!!!!

CONTADORA ROCÍO

SEGUIMOS DE CONTADORAS DE HISTORIAS PERO, NESTA OCASIÓN, FOI UNHA MAMÁ A QUE SE ANIMOU NA NOSA BIBLIOTECA!!!!!!!
ROCÍO ACHEGOUNOS O CONTO "NO ABRAS ESTE LIBRO" CO QUE MANTIVO A ATENCIÓN DE TODO O ALUMNADO DE INFANTIL.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TÚA APORTACIÓN!!!
O PRÓXIMO CURSO QUEREMOS MÁIS!!!!!!!!