venres, febreiro 28, 2020

RADIO: DÍA DE ROSALÍA

O 24 DE FEBREIRO NACEU ROSALÍA DE CASTRO E, POR ISO, ESE DÍA ESTÁ ADICADO A ELA.
NO NOSO COLE QUEREMOS FACERLLE A NOSA PEQUENA HOMENAXE RECITANDO O SEU POEMA: "EU CANTAR, CANTAR, CANTEI". 
POR ISO NOS ACHEGAMOS ATA A RADIO PARA GRAVAR ESTES LINDOS VERSOS.
AQUÍ PODEDES VER ALGÚNS MOMENTOS DA GRAVACIÓN, CON REPRESENTANTES DE TODOS OS CURSOS.















E, COMO NON, AQUÍ VOS DEIXAMOS O PROGRAMA PARA QUE POIDADES ESCOITALO.



ADEMAIS, O PASADO VENRES, TOD@S XUNT@S NA ENTRADA DO COLE RECITAMOS O MESMO POEMA.

CONTADORAS ANTÍA, LUCÍA, UXÍA, CARLA E PAULA

UN CONTO CONVERTIDO CASE A OBRA DE TEATRO...
ESTAS NENAS CONTADORAS DE 5º DE PRIMARIA REPRESENTARON NA BIBLIOTECA "CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO" PARA O ALUMNADO DE 3º.
MOITO TRABALLO DETRÁS QUE SE VEU RECOMPENSADO...

















CONTADOR MATEO

MATEO, DE 2º DE PRIMARIA, CHEGOU CO SEU CONTO "O LADRÓN DE PALABRAS", ATA A SÚA CLASE VECIÑA, TAMÉN DE 2º.
CON MOI BOA DISPOSICIÓN LLES RELATOU A HISTORIA PREPARADA QUE ESCOITARON CON ATENCIÓN.





mércores, febreiro 26, 2020

OS MANDADIÑOS DE RUFIÑO

NO NOSO COLE HAI NENOS E NENAS (E TAMÉN PROFES) QUE FAN TODIÑO O QUE LLES DI RUFIÑO.
E, ASÍ, DURANTE A SEMANA DE ENTROIDO, ATAVIÁRONSE CON TODO AQUILO QUE EL LLES INDICOU.
NON HAI MELLOR MANEIRA DE DISFRUTAR DO ENTROIDO QUE DISFRAZÁNDOSE!!!








xoves, febreiro 20, 2020

MURAL DOS XOGOS

NA ENTRADA DO NOSO COLE PODEDES ATOPAR ESTE GRAN MURAL - PUZZLE NO QUE ESTÁN REPRESENTADOS DIFERENTES XOGOS.
CADA PEZA ESTÁ FEITA POR UN AULA, DESDE INFANTIL ATA PRIMARIA.