Hoxe celebramos na escola o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, que foi o sábado 24.
O celebramos dun xeito moooi especial, agasallando a un compañeiro/a doutra aula cun marcapáxinas feito por cada un/ha de nós.
En cada clase usamos diferentes técnicas e ideas para confeccionalos e unha vez rematados, quedaron uns días en aillamento para poder entregalos este luns.
Comezou o mes de outubro e despois de traballar na preparación e organización da Biblioteca para adaptala ás novas medidas derivadas da Covid 19, por fin o Equipo de Biblioteca, xunto con Rufiño, vos damos a benvida e vos comunicamos que a biblio xa está á vosa disposición.
Este ano será un pouco diferente pero seguro que entre todos/as logramos levar a cabo moitas experiencias e participar en moitas aventuras que enchan de luz tantas restriccións e medidas de seguridade.
Para acceder á biblioteca teremos que seguir unha serie de medidas que estarán ao voso alcance nun cartel na entrada da biblioteca.
Este curso a biblioteca non abrirá nos recreos pero cada grupo teredes reservado un día á semana para levar a cabo o préstamo de libros, dinamizado polos membros do Equipo.
Ademáis, estade atentos/as porque Rufiño seguirá a enviar cartas para contarvos moitas novidades e tamén para pedirvos axuda en actividades