Os nenos e nenas de 1º interpretan uns bonitos poemas para darlle a benvida a primavera 🌺🌻🌼🌾🌿🍀🌷🌹🌸🌻🌼🌞
domingo, marzo 28, 2021
NOVOS CONTACONTOS: "JOSEFINA NO PODÍA DORMIR" E "TENGO UNA MAMÁ".
Gracia repite contacontos, nesta ocasión con "Josefina no podía dormir".
Tamén Saray, que xa contara un conto na radio, se animou a contarnos a historia "Tengo una mamá".
Grazas rapazas por participar!!
martes, marzo 23, 2021
DÍA DA POESÍA! NENOS E NENAS DE 4 ANOS
Con motivo do día da POESÍA, os alumnos/as de 4 anos nos agasallan con esta fermosa rima de Antonio García Teixeiro.
luns, marzo 22, 2021
DIEGO EXPÓN O SEU TRABALLO SOBRE OS DINOSAURIOS!!
Se queredes saber un pouquiño máis sobre dinosaurios de seguro que vos encantará o traballo de Diego!! 😁😁😁
CANCIÓN INTERPRETADA POLO ALUMNADO DE 3º A
Os nenos e nenas de 3º A interpretan unha canción sobre aldeas, vilas e cidades.
Animádevos a escoitala!
venres, marzo 19, 2021
DÚAS NOVAS HISTORIAS: "A QUE SABE A LÚA" E "EL REBAÑO"
Almudena e Daniela, de 4º de primaria, contaron a historia "A que sabe a lúa".
ADICADA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL.
Tamén de 4º de primaria, Ariadna e Aroa nos contaron a historia "El rebaño".
ADICADA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL.
GRACIAS RAPAZAS!!
HUGO BUCETA E "A VACA QUE PUXO UN OVO"
E repetimos conto!!
Nesta ocasión foi Hugo Buceta, de 3º A, quen nos leu a historia desta persoaxe tan singular.
NOVOS CONTACONTOS: "DANIELA PIRATA" E "SOY UN PUNTO".
Pablo, Iván e Borja, de 3ºB contaron a historia de Daniela, unha pirata moi especial, que tiña un soño. Logrará Daniela acadalo?
Prestade atención! 😆😆😉
Carla, de 3º A nos contou "Soy un punto", historia na que se destaca a importancia de unirse e colaborar.
GRACIAS RAPACES!!
luns, marzo 15, 2021
ALDARA E AINHOA NOS CONTAN "ORELLAS DE BOLBORETA"
As nosas compañeiras Ainhoa e Aldara, de 3ºB contaron "Orellas de bolboreta", unha historia que quere se resume coa seguinte frase: "as características que nos diferenciasn dos demáis son as que nos fan únicos e especiais".
Grazas rapazas por esta historia tan bonita!!
sábado, marzo 13, 2021
A VACA QUE PUXO UN OVO, CONTADO POR NAYRA E GEMA
Nayra e Gema, compañeiras de 2º de primaria, nos leron a historia tan singular de Marjorie, unha vaca que puxo un ovo.
CONTO DE XIANA E MARÍA SOL- UNHA CHEA DE FAMILIAS
As nosas compañeiras de 3º B leron o conto "Unha chea de familias".
Con cal vos identificades vos?
Desfrutade da lectura.😊😊😊😊
xoves, marzo 11, 2021
RAP ALUMNADO 3º A
Os nenos e nenas de 3º A interpretan un divertidísimo RAP sobre Don Quijote!!
Esperamos que vos guste moito! 👏🎧🎤🎉🎉
martes, marzo 09, 2021
RADIO ESCOLAR: O ALUMNADO DE 3º B NOS CONTAN A BIOGRAFÍA DE GALILEO CUN POEMA.
No mes de febreiro tamén visitaron a Radio Escolar os alumnos e alumnas de 3ºB.
Como eles estiveron investigando sobre Galileo, recitaron un poema moi divertido sobre esta persoaxe tan interesante.
luns, marzo 08, 2021
UN POEMA DE DANIELA E UN CONTO DE SABELA
Hoxe a nosa compañeira Daniela, de 3º A, visitou a biblioteca para lernos unha poesía,
"A ESTACIÓN DO TREN".
E a súa compañeira de clase, Sabela, leunos a historia
"A ÁRBORE FELIZ"
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hai unhas semanas, Rufiño propúxonos investigar sobre mulleres comprometidas coa defensa, conservación e coidado do Medio Ambiente e este foi o resultado.
xoves, marzo 04, 2021
NOVOS CONTACONTOS- "PILU PILU" E "EL CANGURO ARTURO"
Hoxe tivemos contacontos por doble partida:
Os compañeiros de 5º de EP, Nayra, Pablo, Martín e Mateo, visitaron a biblioteca para ler "Pilu Pilu", un conto super entretido que fala dunha peculiar amizade.
E as compañeiras de 6º de EP, Antía e Paula, nos contaron "El canguro Arturo".
mércores, marzo 03, 2021
NOVOS CONTACONTOS: "O LADRÓN DE PALABRAS" E "OS BOLECHAS FAN UNHA MERENDA CON VEXETAIS"
Esta semana, as compañeiras de 2º de EP, Ainhoa e Ariadna, leron para nós o conto "O ladrón de palabras".
Escoitade, escoitade a historia!