venres, abril 29, 2022
mércores, abril 27, 2022
O GRUPO DE TEATRO BAOBAB ACTÚA POLO DÍA DO LIBRO COA SÚA FUNCIÓN "PALABRAS"
Este luns 25 tivemos a inmensa sorte de desfrutar do espectáculo "Palabras", a cargo do grupo de teatro Baobab, para festexar o día do libro, que foi o sábado 23 de abril.
Un dos seus compoñentes, Andrea Bayer, é compañeira nosa neste curso escolar e estivo encantada de participar co seu grupo nesta conmemoración deste xeito tan especial.
Gracias Andrea, Óscar e David!! Pasámolo moi ben!!
martes, abril 26, 2022
POLO DÍA DO LIBRO TAMÉN TEMOS POESÍA, NA RADIO- ALUMNADO DE 5 ANOS
O alumnado de 6º de Educación Infantil participou na radio recitando unha adaptación do libro de poesía "O xardín de Irene", de Xosé Neira Vilas.
domingo, abril 24, 2022
DÍA DO LIBRO! ADIVIÑA QUE LIBRO É, TEATRO E CONTACONTOS DAS FAMILIAS
Este ano o equipo de Biblioteca, para conmemorar o DÍA DO LIBRO unha actividade que durará todo o mes de abril.
Cada semana, na entrada ao colexio, hai unha serie de libros ademáis de cartas con pequenos textos que pertencen a unha destas lecturas.
Cada aula pode visitar este recuncho cando queira e "xogar" a adiviñar a que libro pode pertencer o texto elixido.
Dun xeito divertido, todos xuntos lemos e descubrimos novos libros.
Ademáis hai aulas nas que posteriormente se está a traballar con algúns destes libros.
Nas primeiras semanas foi o alumnado de 4º o que se encargou de escoller os libros e os textos, así como redactalos.
Ademáis, para conmemorar esta data, luns 25 teremos o privilexio de desfrutar da función teatral "Palabras" do grupo de teatro BAOBAB, ao cal pertence unha compañeira do noso cole, Andrea Bayer.
Tamén están previstas as visitas das familias que queiran achegarse a contar contos ás clases dos seus fillo/as.
Vos iremos contando!!
venres, abril 22, 2022
NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA, AGASALLO DA ANPA!
Esta semana recibimos numerosa bibliografía, coa que a ANPA, como ven facendo todos os cursos, nos agasalla.
mércores, abril 20, 2022
A semana da PRENSA no cole
No mes de marzo, con motivo da SEMANA DA PRENSA, andivemos moi atarefados entre xornais, para levar a cabo unha tarefa de investigación en torno ao protagonismo que se lle da ás mulleres neste medio de comunicación.
Como na conmemoración do día da muller, coñecimos a diferentes cociñeiras da nosa terra e do noso país, o equipo de biblioteca propuxo averiguar, indagar e anotar aquelas novas que máis nos gustaron sobre mulleres e facer unhas táboas de estadísticas nas que se reflexase cántas estaban adicadas a mulleres e cantas a homes.
E este foi o resultado!!
domingo, abril 10, 2022
Máis contacontos de alumnos/as que repiten!! ARIADNA E AINHOA, ALDARA, MARÍA SOL E DANIELA.
Isto de contar contos para compañeiros de outras aulas ten o seu aquel e engancha e sinon que llo digan ás seguintes protagonistas desta entrada.
ARIADNA E AINHOA de 3º de primaria, repetiron experiencia contando o conto "Pinocho" ao alumnado de 4 anos.
Recibiron moitas felicitación porque o fixeron de maravilla, entoando, dramatizando e vocalizando como verdadeiras profesionais! 😀😀
Noraboa!!
sábado, abril 02, 2022
Seguimos con máis contacontos!! IVÁN, PABLO F. E IRIA, EVA, SOFÍA B. E CARLA, HUGO.
Este curso os nenos e nenas do cole están entusiasmados cos contacontos, os preparan moi moi ben e está resultando unha actividade moi motivadora e divertida.
Nestas semanas tivemos moitos contacontos!
IVÁN de 4ºB conto visitou a aula de 5 anos, na que está a súa irmá Lara.
PABLO F. E IRIA, de 2º, contaron o conto "Iago vai a casa da súa curmá" aos compañeiros de 5 anos.
EVA de 3º, contou o conto "A que sabe a lúa" aos compañeiros/as de 1º de EP.
SOFÍA BEIS E CARLA de 2º, contaron "Marisé e o loro Ravachol", aos compañeiros de 4 anos.
HUGO de 2º, contou o conto "Cocorico" aos compañeiros de 5 anos.
Bravo rapaces e rapaces, fixéstelo todos/as moi moi ben e os espectadores quedaron encantados!!!