venres, xuño 21, 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 O curso chega ao seu fin... e con el chega o tempo de descanso, praia, festas e mooooooito tempo libre. 

Para que non vos esquezades de disfrutar dos libros tamén durante as vacacións achegámosvos unhas recomendacións lectoras e uns xogos rápidos para esas tardes de praia e piscina.

Vémonos á volta!

Desfrutade un montón!




xoves, xuño 20, 2024

FESTA DE VOLUNTARIADO

 Hoxe foi un día moi especial na Rufiteca... 

Despois de tantos meses de traballo toca festexar o fin de curso e dar as grazas a todos os nenos e nenas que dedicaron un anaquiño do seu tempo sendo voluntarios e voluntarias na nosa biblioteca. E que mellor maneira que cunha festa?





Moitísimas grazas a todos e cada un/unha de vós. A Rufiteca non sería o que é se non fose polo voso traballo.

Vémonos o próximo curso!

O libro viaxeiro " A máquina do tempo"

 O alumnado ao completo foi creando esta historia, un conto colaborativo que, despois de ser plasmada neste libro, nárrannos na Radio escolar a historia para que a poidades escoitar da súa propia voz.


mércores, xuño 19, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: SAIRA E AINARA

 Último contacontos deste curso escolar. Para pechar esta fermosa actividade na que o alumnado comparte o seu gusto polos libros con outros compañeiros e compañeiras Saira e Ainara escolleron o título de "O oso e o piano" para a clase de 1º de Educación Primaria.



Moitísimas grazas polo voso tempo!

OS NOSOS CONTACONTOS: LAURA, ÁNXELA E ANIRA

 Último contacontos deste curso na aula de 4 anos. Para esta ocasión Laura, Ánxela e Anira escolleron a historia de "Soy un punto".


Con esta historia o alumnado puido coñecer todo o que se pode facer con puntos, e vaia se o aprenderon! Ata fixeron unha sesión de puntillismo coas compañeiras!



OS NOSOS CONTACONTOS: CECI, AINHOA E ARI

 Último contacontos deste curso na aula de 3 anos... Ceci, Ainhoa e Ari escolleron o título de "La ovejita que vino a cenar"


Un fermoso conto co que os coelliños do cole coñeceron o valor da amizade, do amor e a necesidade de coidar e ser coidados.


Moitísimas grazas Ceci, Ainhora e Ari!!

OS NOSOS CONTACONTOS: SOFÍA E XABI

 Esta vez foi a quenda de Sofía e Xabi, de 4º de Educación Primaria, os cales escolleron a historia de "Un final inesperado" para os seus compañeiros e compañeiras de 5 anos.


Con ela o alumnado puido descubrir a un lobo que está un pouco cansado de ser sempre o malo da historia. Conseguirá que sexa outro o que adopte ese papel nesta historia? O alumnado de 5 anos xa sabe a resposta!


Moitísimas grazas Sofía e Xabi por vir facer de contacontos!

OS NOSOS CONTACONTOS: MARIO E DIEGO

Mario e Diego escolleron a historia de "O león Kandinga" para o alumnado de 2º de Educación Primaria.


Con ela o alumnado aprendeu sobre a importancia de compartir e non ser egoísta nin cruel cos demais. 


Moitísimas grazas polo voso tempo de contacontos Mario e Diego!

OS NOSOS CONTACONTOS: HADA, UXÍA E GRETTEL

Hada, Uxía e Grettel visitaron a aula de 5 anos para contar a historia de "Luuume"


Con esta historia o alumnado coñeceu a historia de Misto o cal tivo que aprender a xestionar a frustración que sentía.


 
Moitísimas grazas pola vosa visita Hada, Uxía e Grettel!

OS NOSOS CONTACONTOS: SABRINA E EMMA

 Sabrina e Emma tiñan claro dende que se anotaron para facer contacontos cal sería o título escollido: "Mi vida de abeja"


Con esta historia foron visitar ao alumnado de 4 anos, os cales son uns grandes investigadores de bechos e insectos, e xuntos pasaron un tempo moi agradable no que o alumnado puido saber un pouco máis sobre as abellas, as colmenas e o mel.


Moitísimas grazas Sabrina e Emma!

OS NOSOS CONTACONTOS: SOFÍA E ERIK

 Esta vez foi a quenda de Sofía e Erik da clase de 4º de Educación Primaria. Escolleron a historia de "Era una vez un cuerno de unicornio" para o alumnado de 3 anos.


Cando nunha historia de mesturan os unicornios e os xeados o éxito está asegurado!




Moitas grazas por trasladar o placer polos libros e as historias aos máis peques do cole!

OS NOSOS CONTACONTOS: ANA E NAYRA

 Unha vez máis Ana e Nayra prepararon un conto para os seus compañeiros e compañeiras. Esta vez elixiron a historia de "A que sabe a lúa?" para os nenos e nenas de 4 anos.


Como podedes ver non se limitaron a contar a historia do libro senón que tiñan preparados bonecos para ir representando a historia! Menudas artistas!



Moitísimas grazas por esta historia tan bonita chicas!

OS NOSOS CONTACONTOS: ÁNGEL, MAURO E HUGO

Ángel, Mauro e Hugo prepararon a historia de "¿Cómo dices que te llamas? para os máis peques do cole.

Grazas a esta historia o alumnado de 3 anos coñeceu unha chea de animais reais que teñen nomes realmente sorprendentes, tanto que os protagonistas da historia non paran de rir!



Moitísimas grazas a Ángel, Mauro e Hugo por esta historia!

OS NOSOS CONTACONTOS: PABLO, CHRISTIAN E LEYRE

 Pablo, Christian e Leyre levaron á aula de 5 anos a historia de "El lobo papón"


Metéronse tanto no papel que o alumnado de 5 anos estaba abraiado con esta "historia cochinota" e ao final non pararon de rir!


 Moitísimas grazas por compartir o voso tempo con nós Pablo, Christian e Leyre!

OS NOSOS CONTACONTOS: "Señor aburrimiento"

 A clase de 1º de Educación Primaria recibiu a visita dunha compañeira de 6º de Educación Primaria que lles tiña preparada a historia de "Señor aburrimiento".


Moitísimas grazas por ensinarnos con esta historia que, ata do aburrimento podemos sacar cousas boas, é unha delas é grazas ao poder da nosa IMAXINACIÓN!

OS NOSOS CONTACONTOS: NAYRA E GEMA

 Nayra e Gema prepararon a historia de "Todo lo que sé de la gente" para a clase de 2º de Educación Primaria e con ela o alumnado puido coñecer que todos e todas somos diferentes!



Que importante e valioso é ser diferente! Grazas Nayra e Gema por achegarnos esta historia tan estupenda!

OS NOSOS CONTACONTOS: HUGO BUCETA E MATEO

 Outra nova quenda de contacontos dos maiores do cole!

Mateo e Hugo visitaron a aula de 5 anos para contar a historia de "Piano á fuga"


Mirade que atentos e atentas estaban os nenos e as nenas de 5 anos! 


Moitísimas grazas a Hugo e Mateo por facer de contacontos para os vosos compis!

OS NOSOS CONTACONTOS: CARLA E SARA

 As nosas compañeiras de 6º de Educación Primaria, Carla e Sara, decidiron ir á clase de 4 anos a contar esta historia coa que o alumnado aprendeu sobre o dereito a ser diferentes.



O alumnado non perdeu detalle e desfrutou moito da historia


Moitísimas grazas a Carla e Sara por este tempo xunt@s!

OS NOSOS CONTACONTOS: MANUEL, PABLO E MARINA

 Manuel, Pablo e Marina foron á aula de 3 anos a contar esta magnifica historia:


E o alumnado quedou encantado con eles!


Moitísimas grazas aos tres por participar!

SEMANA DO LIBRO "A VOLTA AO MUNDO EN LIBROS"

 Este ano, para conmemorar a Semana do Libro, Rufiño propuxo ao alumnado investigar sobre diferentes autores do mundo, del tal xeito que puidesemos facer unha viaxe polos diferentes continentes.

Cada aula investigou sobre un autor/autora dun continente determinado e, posteriormente, recolleu a obra nun mapamundi da Rufiteca.



Mirade cantos autores e autoras coñeceron!

                                                                              AMÉRICA










                                                                  EUROPA E ÁFRICA







                                                                               ASIA