xoves, xuño 15, 2017

FESTA DE VOLUNTARIOS DA RUFITECA

Este ano a Rufiteca estivo cargada de moito traballo para catalogar libros novos, arranxar algúns que se estropeaban,...e recibimos a visita de moitísimos nenos do cole. Pero cabe destacar a importancia que tiveron os VOLUNTARIOS e VOLUNTARIAS de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que axudaron nos recreos en todo momento nos préstamos de libros, axudar a atopar libros, botar unha man ós pequenos lectores, ordeaban as estanterías,... 

     Aínda que agora está pechada a biblioteca debido as vacacións de verán e poder deixar todo en orden, non hai cousa mellor que amosar o noso agradecemento a estes voluntarios que rematar o curso cunha...



     Aínda que na biblioteca non se pode comer, fixemos unha pequena excepción cunha gran merendola, música, baile, xogos cos globos e moita diversión.



     Pero, antes de marchar, agardábanlle outras sorpresas que non imaxinaban: un diploma acreditativo a cada un e uns agasallos como agradecemento o seu traballo e implicación. Agardamos que, o curso que ven, sexan máis!!! (e os de sexto colaboren na biblioteca do seu instituto). 

      Para ver máis fotos deste marabilloso día, pinchade na foto de abaixo.











Ningún comentario:

Publicar un comentario