Na Rufiteca atopamos varios libros que tratan sobre experimentos e, ó alumnado de infantil, non hai nada que máis lle guste que facer experimentos. Así que era interesante poder contar cunha química que nos puidera axudar. Así que puxémonos mans á obra e puxémonos en contacto con Bea, a nai dunha nena de 4 anos.
Ela preparounos uns cantos experimentos con moitos productos e materiais que podemos ter todos nas nosas casa: vinagre, aceite, bicarbonado, refresco, colorante alimentario, fariña de millo,...
Moitos foro os experimentos que fixo deixándonos a todos abraiados: lámpada de aceite, explosións químicas nun bote, densidades dos productos con cores, teñir leitugas, explosións do refresco no sea propio envase,...

Pero o que máis lles chiflou e rechiflou foi O VOLCÁN!!!!
Durante todo o tempo os menos disfrutaron e estaban moisés emocionados. Tal foi o éxito deste obradoiro que queren poder repetilos na aula. Así que, gracias ás anotacións que nos deixou a nai e ós libros de experimentos que temos na Rufiteca, imos por en marcha un traballo de investigación para volver a facer e investigar sobre novos experimentos que podamos levar a cabo. Pero, se querelles ver máis fotos do obradoiro, pinchadle na foto de abaixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario