martes, maio 15, 2018

TRABALLANDO A INCLUSIÓN



Onte, no noso colexio, houbo  un obradoiro sensorial para o alumnado de primaria levado a cabo polas asociacións ACEESCA, COGAMI, AMENCER e ASEM que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, das súas familias e da contorna, promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía e autodeterminación.

Os nenos e nenas do colexio tiveron que poñerse no lugar destas persoas e comprender como é o seu día a día. 
Foi unha actividade de gran interese para todos, xa que nos fixo reflexionar sobre a cantidade de barreiras arquitectónicas e sociais aínda pendentes de desaparecer hoxe en día. 

Dende aquí queremos agradecer a todas estas asociacións a súa iniciativa de acercarnos un pouquiño a súa realidade. 
Gozamos un montón!





Ningún comentario:

Publicar un comentario