sábado, febreiro 01, 2020

OBRADOIRO DE FORMACIÓN DE RADIO

ESTE CURSO O NOSO COLE FOI SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO PROXECTO DE "RADIO NA BIBLIO".

CON TAL MOTIVO, O PASADO MARTES 21 DE XANEIRO, CONTAMOS NO COLE COA PRESENZA DE DAMIÁN ALONSO, DA ASOCIACIÓN "PONTE NAS ONDAS".

UN TOTAL DE 25 ALUMN@S DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA ACUDIRON A ESTE OBRADOIRO DE FORMACIÓN QUE CONTOU CON 3 PARTES DIFERENCIADAS:
UNHA PRIMEIRA PARTE DE "LOCUCIÓN": DICCIÓN, ARTICULACIÓN, VOLUME, TON, NARRACIÓN, ETC.
A SEGUNDA PARTE DE "EDICIÓN": PARA APRENDER A UTILIZAR O PROGRAMA AUDACITY, DE GRABACIÓN E EDICIÓN DE AUDIO.
E A ÚLTIMA PARTE DE "RADIO": PARA FACER UN PROGRAMA ELABORANDO O GUIÓN, MANEXANDO OS APARELLOS TÉCNICOS E LEVANDO A CABO UNHA GRAVACIÓN.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free slideshow design

ESE DÍA TAMÉN NOS VISITARON UNHA PERIODISTA E UN FOTÓGRAFO DO "DIARIO DE PONTEVEDRA" PARA FACER UNHA REPORTAXE.
TRAS FACER UNHAS ENTREVISTAS E FOTOS A NOTICIA FOI PUBLICADA NO MINI DIARIO DO PASADO SÁBADO 25 DE XANEIRO.


AGORA SÓLO NOS QUEDA POÑERNOS MANS Á OBRA.
EN BREVE VOLTAREMOS CON MÁIS NOTICIAS DA RADIO!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario