luns, marzo 16, 2020

CONMEMORAMOS O DÍA DA MULLER!



O pasado 9 de marzo, tivo lugar no noso cole a celebración do   DÍA DA MULLER  e levouse a cabo dun xeito simbólico, a través dunha actividade INTERAULAS.

En semanas previas, e como proposta xurdida da BIBLIOTECA, que consistía en traballar en torno a MULLERES E DEPORTE, cada curso investigou un pouquiño sobre unha muller que no mundo do deporte destacase por algunha razón.
Unha vez feita a investigación, se plasmaría a través dun mural, texto, grabación, obra artística...para logo transmitirlla a un grupo de compañeiros do colexio.

E este foi o resultado, momentos nos que pequenos e grandes se misturan para intercambiar coñecementos e descubrimentos, e tamén nervios e emoción, momentos que podedes ver nas seguintes fotografías.



3 ANOS E  2º(B) DE PRIMARIA

Os nenos/as de 3 anos compartiron algunhas cousas moi interesantes sobre 
ASHLEY FIOLEK, 

uha rapaza xordomuda, de Michigan, que desde os 7 anos participaba en carreiras de motos e foi campiona do mundo en varias ocasións.





E os/as de 2º investigaron sobre

 EDURNE PASABAN

alpinista, primeira muller en facer os 14 oito miles.




4 ANOS E 5º DE PRIMARIA


Os compañeiros/as de 4 anos, apoiádose nun video con imaxes foron contado a historia de

WILMA RUDOLPH,

a muller máis rápida do mundo, que con 4 anos tivo a polio e dixéronlle que non voltaría a camiñar pero gracias á súa forza de vontade, tesón e esforzo fixádevos ata onde chegou!!



Os compañeiros/as de 5º falaron sobre MARÍA TERESA PERALES, a deportista paraolímpica máis galardonada, quedou discapacida das dúas pernas por unha enfermidade do sistema nervioso aos 19 anos.


                                


5 ANOS E 4º DE PRIMARIA
Sobre KIMIA ALIZADEH,

   falaron os alumnos/as de 4º.
 Deportista iraní que compite en taekondo e que participou nos Xogos Olímpicos de Rio de Xaneiro, acadando unha medalla de bronce.





O alumnado de 5 anos investigaron sobre LUCÍA VÁZQUEZ CRESPO e crearon este video no que vos enteraredes de moitas cousas!!




1º E 6º DE PRIMARIA

En 6º falaron sobre MARTA BRAÑA

campiona de España de boxeo, que ademáis compite en equitación e xoga o fútbol.



E en 1º sobre GERTRUDE EDERLE,

nadadora, coñecida como a "raíña das ondas" por ser a primeira muller en cruzar a nado o Canal da Mancha.





2º(A) E 3º DE PRIMARIA

Os compañeiros/as de 3º falaron sobre

KATHRINE WITZER,

primeira muller en participar nun maratón, saltándose todas as normas establecidas ata ese momento. Foi en Boston en 1967 e facéndose pasar por un home.





E os compañeiros/as de 2º falaron de

 TERESA PORTELA RIVAS





Foi unha experiencia xenial que repetiremos!!

E bravo por estas excelentes mulleres!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario