sábado, marzo 21, 2020

FELIZ DÍA DA POESÍA!!!



HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL!!

A PRIMAVERA, QUE SE ESTREA HOXE, VEN DA MAN DA POESÍA, XA QUE HOXE É O DÍA MUNDIAL DA POESÍA!

VOS AGASALLAMOS, PARA CELEBRALO, CON ESTES  POEMAS, QUE OS DESFRUTEDES!!!



"TEN A SEREA O CANTO". MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

TEN A SEREA O CANTO
I A SERPE O ALENTO;
O LAGO TEN A ONDA, 
DIOS TEN O INFERNO,
TI TES DABONDO
CO QUE TES ESCONDIDO 
NOS TEUS OLLOS.

O TRONO DOS MONARCAS,
DO SABIO OS TRUNFOS,
A GLORIA DO POETA,
O OURO DO MUNDO:
DERA ESO TODO
POR SOLO UNHA MIRADA
DESTES TEUS OLLOS.

CANDO SE PON A LÚA
TRAS DOS PENEDOS,
CHORAN AS ESTRELIÑAS
TODAS DO CEO
TAMÉN EU CHORO
CANDO NON ME ALUMEA
ESES TEUS OLLOS.



PARA OS MÁIS PEQUENOS, AQUÍ VOS DEIXAMOS UN BREVE VIDEO NA QUE A INOLVIDABLE GLORIA FUERTES RECITA "LA VACA LLORONA". PREMEDE NA IMAXE PARA ESCOITALA.


 https://youtu.be/URdiV9gpSes




ADEMÁIS, GÁLIX, A ASOCIACIÓN GALEGA DE LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS, CONVOCA UN CONCURSO DE POESÍA, NO QUE VOS SERÁ DOADO PARTICIPAR SE VOS APETECE. PREMENDO AQUÍ, ACCEDEDES ÁS BASES DO CONCURSO.
ANIMÁDEVOS!!! 



E AÍNDA HAI MÁIS!!!
VOS PROPOÑEMOS, A TODAS AQUELAS FAMILIAS, QUE POIDADES E VOS APETEZA, A FACER UNHA BREVE LECTURA EN FAMILIA DUN POEMA QUE VOS GUSTE, E ENVIARNOS O AUDIO OU O VIDEO AO SEGUINTE ENDEREZO:

biblioteca.paradacampano@gmail.com


ESTAREMOS ENCANTADOS DE ESCOITARVOS E O COMPARTIREMOS NESTE BLOG PARA DESFRUTE DE TODO/AS.



BO DÍA AMIGUIÑOS E MOITOS BICOS CON SABOR A  VERSOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario