O alumnado de 3º de primaria traballou a partir da lectura do libro "BRUXA E FAMILIA" de PAULA CARBALLEIRA.
Fixeron uns traballos ben interesantes, que deixan máis que claro que lles gustou moito o libro.
Aquí vos deixamos unha mostra.
A autora tiña pensado vir ata o colexio a falar do seu libro cos alumnos e facer unha sesión de contacontos pero tiña a axenda completísima e non puido ser.
Pero Paula enviou unha mensaxe por audio ao alumnado desculpándose e saudándoos.
Os alumnos e a profe de 3º, Peque, quedaron encantados e tamén lle enviaron unha mensaxe de agradecemento.
Ademáis, ó non poder vir Paula, a editorial Santillana enviou a Manolo Solla a contar uns contos moi divertidos.
Podedes ver máis na anterior entrada da biblioteca, que aparece a continuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario