Hoxe o alumnado de 3 anos recibiu na súa aula o cartel dun contacontos:
Daniela decidiu contar esta historia sobre as emocións ós nenos e ás nenas máis peques do cole.
Mirade que atentos e atentas estaban!
Moitas grazas Daniela pola túa visita!
Hoxe o alumnado de 3 anos recibiu na súa aula o cartel dun contacontos:
Daniela decidiu contar esta historia sobre as emocións ós nenos e ás nenas máis peques do cole.
Mirade que atentos e atentas estaban!
Moitas grazas Daniela pola túa visita!
Hoxe foi o alumnado de 1º de Educación Primaria o afortunado en recibir a visita de dúas compañeiras, Saray e Laura, as cales chegaron cheas de ganas e ilusión por contar a historia de Orellas de bolboreta.
Moitas grazas a Saray e Laura, foi un pracer pasar ese tempo con vós!
Nova semana de contacontos no cole!
Esta vez foron os nosos compañeiros Pablo e Martín os encargados de visitar a aula de 2º de Educación Primaria para facer rir ao alumnado coa historia de El pedo más grande del mundo.
Que ben o pasaron con este conto tan divertido! Non perderon detalle!
Moitísimas grazas pola vosa visita Pablo e Martín!
Segunda xornada de contacontos da semana!
O xoves foron Ainhoa e Ari as encargadas de facer que o alumnado de 5 anos desfrutase no tempo de lectura da historia de Emma se pone guapa.
Os nenos e as nenas de 6º de educación infantil non perderon detalle da historia e é que, ademais de ser un conto cunha aprendizaxe final, as nosas contacontos fixérono xenial!
Moitísimas grazas Ainhoa e Ari!
O pasado martes comezaron, un curso máis, os contacontos entre o alumnado do cole.
As primeiras en deleitar cun fermoso conto aos seus compañeiros e compañeiras -neste caso ao alumnado de 4 anos- foron Saira, Blanca e Sabela.
Todas e todos estiveron moi atentas e atentos á historia de Non fai falta a voz e é que as nosas compañeiras son auténticas profesionais nisto de contar historias!
O alumnado de 5º de infantil quedou tan agradecido que non dubidaron en rematar a sesión regalándolles unha enorme aperta de grupo!
Moitísimas grazas pola vosa visita!