O pasado martes comezaron, un curso máis, os contacontos entre o alumnado do cole.
As primeiras en deleitar cun fermoso conto aos seus compañeiros e compañeiras -neste caso ao alumnado de 4 anos- foron Saira, Blanca e Sabela.
Todas e todos estiveron moi atentas e atentos á historia de Non fai falta a voz e é que as nosas compañeiras son auténticas profesionais nisto de contar historias!
O alumnado de 5º de infantil quedou tan agradecido que non dubidaron en rematar a sesión regalándolles unha enorme aperta de grupo!
Moitísimas grazas pola vosa visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario