A verdade é que era moi impactante porque en tres páxinas comezaba e remataba a historia. Soamente 3 páxinas???? Non o podiamos crer, como pode ter un conto 3 páxinas??? Había unha vaca que morreu e acabou o conto!!! Pero, despois dun rato, decatámonos que ocultaba...algo máis. Pero para iso é mellor que vaiades á Rufiteca ou merquedes o libro para que o descubrades.
Sen embargo, os nenos de 5 anos quedaron moi impactados por este libro e dedidiron inventar entre todos outro conto cortiño e este é o resultado. Agardamos que vos guste! (pinchar na imaxe)
Ningún comentario:
Publicar un comentario