A PRIMAVERA, QUE SE ESTREA HOXE, VEN DA MAN DA POESÍA, XA QUE HOXE É O DÍA MUNDIAL DA POESÍA!
VOS AGASALLAMOS, PARA CELEBRALO, CON ESTES POEMAS, QUE OS DESFRUTEDES!!!
"TEN A SEREA O CANTO". MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
TEN A SEREA O CANTO
I A SERPE O ALENTO;
O LAGO TEN A ONDA,
DIOS TEN O INFERNO,
TI TES DABONDO
CO QUE TES ESCONDIDO
NOS TEUS OLLOS.
O TRONO DOS MONARCAS,
DO SABIO OS TRUNFOS,
A GLORIA DO POETA,
O OURO DO MUNDO:
DERA ESO TODO
POR SOLO UNHA MIRADA
DESTES TEUS OLLOS.
CANDO SE PON A LÚA
TRAS DOS PENEDOS,
CHORAN AS ESTRELIÑAS
TODAS DO CEO
TAMÉN EU CHORO
CANDO NON ME ALUMEA
ESES TEUS OLLOS.
PARA OS MÁIS PEQUENOS, AQUÍ VOS DEIXAMOS UN BREVE VIDEO NA QUE A INOLVIDABLE GLORIA FUERTES RECITA "LA VACA LLORONA". PREMEDE NA IMAXE PARA ESCOITALA.
ADEMÁIS, GÁLIX, A ASOCIACIÓN GALEGA DE LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS, CONVOCA UN CONCURSO DE POESÍA, NO QUE VOS SERÁ DOADO PARTICIPAR SE VOS APETECE. PREMENDO AQUÍ, ACCEDEDES ÁS BASES DO CONCURSO. ANIMÁDEVOS!!!
E AÍNDA HAI MÁIS!!! VOS PROPOÑEMOS, A TODAS AQUELAS FAMILIAS, QUE POIDADES E VOS APETEZA, A FACER UNHA BREVE LECTURA EN FAMILIA DUN POEMA QUE VOS GUSTE, E ENVIARNOS O AUDIO OU O VIDEO AO SEGUINTE ENDEREZO:
biblioteca.paradacampano@gmail.com
ESTAREMOS ENCANTADOS DE ESCOITARVOS E O COMPARTIREMOS NESTE BLOG PARA DESFRUTE DE TODO/AS.
BO DÍA AMIGUIÑOS E MOITOS BICOS CON SABOR A VERSOS!!!
O PASADO 11 DE MARZO DANIELA DA AULA DE 2º, VISITOU AOS COMPAÑEIROS DE 4º PARA CONTARLLES "O LIBRO DA ILLA DE ONS" E O FIXO MOI MOI BEN!!! QUEDARON ENCANTADOS!
O pasado 9 de marzo, tivo lugar no noso cole a celebración do DÍA DA MULLER e levouse a cabo dun xeito simbólico, a través dunha actividade INTERAULAS.
En semanas previas, e como proposta xurdida da BIBLIOTECA, que consistía en traballar en torno a MULLERES E DEPORTE, cada curso investigou un pouquiño sobre unha muller que no mundo do deporte destacase por algunha razón.
Unha vez feita a investigación, se plasmaría a través dun mural, texto, grabación, obra artística...para logo transmitirlla a un grupo de compañeiros do colexio.
E este foi o resultado, momentos nos que pequenos e grandes se misturan para intercambiar coñecementos e descubrimentos, e tamén nervios e emoción, momentos que podedes ver nas seguintes fotografías.
3 ANOS E 2º(B) DE PRIMARIA
Os nenos/as de 3 anos compartiron algunhas cousas moi interesantes sobre
ASHLEY FIOLEK,
uha rapaza xordomuda, de Michigan, que desde os 7 anos participaba en carreiras de motos e foi campiona do mundo en varias ocasións.
E os/as de 2º investigaron sobre
EDURNE PASABAN,
alpinista, primeira muller en facer os 14 oito miles.
4 ANOS E 5º DE PRIMARIA
Os compañeiros/as de 4 anos, apoiádose nun video con imaxes foron contado a historia de
WILMA RUDOLPH,
a muller máis rápida do mundo, que con 4 anos tivo a polio e dixéronlle que non voltaría a camiñar pero gracias á súa forza de vontade, tesón e esforzo fixádevos ata onde chegou!!
Os compañeiros/as de 5º falaron sobre MARÍA TERESA PERALES, a deportista paraolímpica máis galardonada, quedou discapacida das dúas pernas por unha enfermidade do sistema nervioso aos 19 anos.
5 ANOS E 4º DE PRIMARIA
Sobre KIMIA ALIZADEH,
falaron os alumnos/as de 4º.
Deportista iraní que compite en taekondo e que participou nos Xogos Olímpicos de Rio de Xaneiro, acadando unha medalla de bronce.
O alumnado de 5 anos investigaron sobre LUCÍA VÁZQUEZ CRESPO e crearon este video no que vos enteraredes de moitas cousas!!
1º E 6º DE PRIMARIA
En 6º falaron sobre MARTA BRAÑA
campiona de España de boxeo, que ademáis compite en equitación e xoga o fútbol.
E en 1º sobre GERTRUDE EDERLE,
nadadora, coñecida como a "raíña das ondas" por ser a primeira muller en cruzar a nado o Canal da Mancha.
2º(A) E 3º DE PRIMARIA
Os compañeiros/as de 3º falaron sobre
KATHRINE WITZER,
primeira muller en participar nun maratón, saltándose todas as normas establecidas ata ese momento. Foi en Boston en 1967 e facéndose pasar por un home.