CONTACONTOS

mércores, decembro 21, 2016

Recomendacións literarias para o Nadal

Dende a biblioteca, Rufiño quere facervos unhas recomendacións de lectura e música para disfrutar este nadal.

Xa sabedes que só lendo un libro podemos soñar, viaxar e vivir un montón de aventuras!!
Seguro que este Nadal un libro pode ser o mellor dos regalos!






martes, novembro 29, 2016

Entrevista a Karl


Presentámosvos a Karl, o noso auxiliar de conversa!

Chegou o outono á Radio Pirata Campañó!



Manuel e Juan da clase de 4º entrevistan á xefa de estudos, María.

Leire, Carmen e Dani de 5º len poemas sobre o outono e Sabela e Antía de 2º recitan unhas adiviñas.

Esperamos que vos guste!

xoves, novembro 24, 2016

Polo Correo do vento homenaxean a Manuel María



Hoxe, viñeron Quique e Carlos, de Polo Correo do Vento a facer unha sesión co alumnado de 6º de Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria na nosa biblioteca. Alí homenaxearon a Manuel María cun conto sobre el. 
   Polo Correo do vento volveu deleitarnos cunha sesión moi interesante, lúdica e divertida, onde Quique ía contando a historia á vez que Carlos a ilustraba no panel da corcheira. Ó rematar, o alumnado, con lapis ou pintura na man, convertíronnse en ilustradores por un intre. Mentres Carlos ía amosándolles paso a paso o que tiñan que facer, cada un ía dandolle vida á caricatura de Manuel María no seu papel. Foi moi satisfactorio ver as marabillosas obras de arte que conseguiron facer!
   Ó rematar, os nenos non puideron evitar darlles un grandioso aplauso e deseosos de voltar a telos no colexio para outra aventura.
   Para ver máis fotos, deixámosvos o enlace da galería de fotos pinchando abaixo, na foto.

martes, novembro 22, 2016

Comezamos o TROTACONTOS 2016-2017

Xa estamos de novo en marcha co novo TROTACONTOS 2016-2017 (ou Contoviaxeiro) onde participamos os colexios de:

- CEIP de Parada-Campañó (infantil e primaria) - Colexio coordinador
- EEI de Verducido (infantil e primaria)
- EEI Crespo Rivas (infantil)
- CEIP San Bieito de Lérez (infantil e primaria)
- CEP Campolongo (primaria)
- EEI Fina Casalderrey (infantil)

O tema elexido foi "Petiscos de agarimo" e imos elaborar as nosas páxinas de maneira libre, expresando o que nos suxire o título do conto para logo, ó final do proxecto, elaboraremos un conto conxunto onde teremos moitas versións de "Petiscos de agarimo" que atopamos en cada colexio.

A data de entrega será o xoves, 30 de marzo do 2017. Cada escola elaborará 2 páxinas (ou 3 nalgunha excepción) do conto en tamaño A3, en horizontal, e irán acompañadas de 2 ou 3 fotos dos participantes de cada escola. 

O martes, 15 de novembro, tivemos unha reunión conxunta na Rufiteca onde puxemos en común as nosas ideas e concretamos o tema a traballar neste curso escolar. Aínda que elaboraranse 2 libros (de infantil e de primaria), o tema acordouse que sería o mesmo. 

Agora so queda poñerse mans á obra e comezar o noso TROTACONTOS e agardando ver o resultado final!!!







luns, novembro 21, 2016

A VACA VALENTINA.- 1º conto das familias de 5 anos

Os nenos e nenas de 5 anos, a través do Conto Viaxeiro, foron elaborando xunto coas súas familias un conto marabilloso titulado "A VACA VALENTINA". Unha ilustracións moi coloridas e unha historia moi divertida!!! Agardamos que vos guste.



Día Mundial dos Dereitos dos Nenos (Radio)



Conmemoramos o Día da Infancia cun programa de radio feito por Noé, Elena, Pablo e Iris.


Esperamos que vos guste!

domingo, novembro 20, 2016

Elmer



Os nenos e nenas de catro anos de Infantil contámosvos o conto de Elmer. Esperamos que vos guste...

martes, novembro 08, 2016

Inventamos unha poesía para aprender a pintar cariñas

Con motivo do proxecto de centro "Aquí pintamos todos", o alumnado de 5 anos inventou unha poesía para lembrar as partes que non deben esquecer cando teñan que debuxarse. Case sempre que debuxan a persoas, esquecen algunha elemento, sobre todo das orellas. Pero, con esta poesía, a primeira parte do debuxo mellorarase! Neste video podedes ver a dramatización da mesma:

"APRENDEMOS A PINTAR NUESTRAS CARITAS"

luns, xuño 20, 2016

Recomendacións literarias para o verán 2016

O curso remata xa e dende a nosa biblioteca Rufiño quere facervos unhas recomendacións para ler (e tamén para escoitar) neste verán que entra hoxe.

Lembrade ler sempre para divertirvos, coñecer novas aventuras e lugares e non esquezades que un libro pode ser a mellor das compañías.


 Preme nesta ligazón para descargar o tríptico completo

martes, xuño 14, 2016

Recibimos o selo "Bibliotecas Escolares Solidaria"

Estamos de noraboa, a nosa Rufiteca recibiu o selo de calidade "Bibliotecas Escolares Solidarias".  Tan só foron concedidos seis selos en toda Galicia. Parabéns a todo o centro e en especial a o equipo de Biblioteca.

O Portal Educativo publica a Resolución de 14 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dan a coñecer os centros aos que se concede o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" neste ano 2016, no contexto do programa Bibliotecas Escolares Solidarias, unha iniciativa que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social. Entre as candidaturas presentadas, obteñen este Selo os centros seguintes:

  • CPI P. Virxe da Cela, de Monfero (A Coruña)
  • CEIP P. A Pedra, de Bueu (Pontevedra)
  • CEIP Espedregada, de Poio (Pontevedra)
  • IES de Poio, Poio (Pontevedra)
  • CEIP de Parada-Campañó, de Pontevedra (Pontevedra)
  • IES de Vilalonga, de Sanxenxo (Pontevedra)
O Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor das persoas que forman parte do colectivo escolar, que recoñece a bibliotecas que fan un esforzo salientable por compensar as desigualdades no acceso aos bens culturais entre os distintos integrantes da comunidade educativa.

Aceso á resolución

mércores, xuño 01, 2016

Manuel María pol@s nen@s de Infantil

O alumnado de 6º de Infantil quixo facer unha pequena homenaxe a Manuel María gravando en video o seu recitado de varios poemas do libro "Os soños na gaiola".


Para que lles quedase así de ben primeiro fixeron unhas prácticas despois dunhas clases nas que aprendimos a empregar a tableta como cámara de video. Tamén tivemos que aprender a superar a vergonza que nos da falar diante dunha cámara e a expresarnos con claridade para que se nos entenda. Coma sempre estes nen@s acabaron facéndoo de marabilla e mirade que xeito se daban, é probable que aquí se atope a Isabel Coixet ou o Pedro Almodovar do mañá.



martes, maio 03, 2016

O xogo das letras de Manuel María

Achégase o Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Manuel María e Rufiño ten unha mensaxe para vós. Mirade!


mércores, abril 20, 2016

Día do Libro


O 23 de abril é o día do libro e nós tamén o celebramos.



Temos que agradecer a ANPA que nos regalou uns libros moi interesantes e divertidos que conseguimos de premio tras resolver unha rufisopa.


Lembrade sempre... 


Poesías de Manuel María

Varios nenos e nenas de terceiro recitaron poemas de Manuel María: A Fouce, Campás, O meu barco e O Muíño. Escoitade que ben o fan!

venres, abril 15, 2016

XVII Salón do Libro - Canta Bichería! Os de 6º cóntannos a súa experiencia

Este ano o noso querido Salón do Libro de Pontevedra está adicado aos bechiños, xa o di o seu lema: "Canta bichería!". E xa van nin máis nin menos que XVII edicións, aí é nada. Noraboa tamén a toda a xente que alí traballa.

Dende o CEIP de Parada-Campañó envíamos unha expedición capitaneada polo mestre de 6º e o seu alumnado: Ismael, Uxía, Cristina, Paula, Dani e Soraya. De todo o que alí viron, coñeceron e desfrutaron faláronnos na Radio Pirata Campañó. Estade moi atent@s porque recomendan a todo o mundo que non perdan de visitar este marabilloso XVII Salón do Libro.


luns, abril 04, 2016

sábado, abril 02, 2016

Día Mundial da Poesía

O pasado 21 de marzo conmemoramos o  Día da Poesía e fixemos un mural con poemas que nós mesmos escribimos.

martes, marzo 15, 2016

luns, marzo 14, 2016

domingo, marzo 13, 2016

venres, marzo 11, 2016

Encontad@s 3 - "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis"

Seguimos adiante co noso programa do Plan Lector na radio, nesta ocasión outro grupo de 3º viu a contarnos este conto tan divertido: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis".
Laura, Lucía e Marisé fixérono de marabilla e senón escoitade e xa veredes, ata se animaron a darnos unha sorpresa e cantar unha pequena canción a coro.

Seguide atent@s á programación da nosa radio agárdanvos moitas sorpresas.

mércores, marzo 09, 2016

Encontad@s 2 - "Niños del mundo"

Seguimos adiante coa programación da nosa Radio Pirata Campañó e o noso programa do proxecto lector, Encontad@s.

Neste caso son Juan e Manuel quenes viñeron a lernos hoxe un libro titulado "Niños del mundo" e co cal descubrimos un montón de cousas do resto de nenos e nenas do mundo a través das súa fotografías que eles describiron moi ben para todos nós. Escoitade, xa veredes que interesante todo o que nos contan estes dous nenos de 3º de Primaria.

venres, marzo 04, 2016

Encontad@s 1 - Tengo derecho a ser niñ@

Hoxe comezamos unha nova andaina no noso Proxecto Lector, aproveitando a novísima radio escolar "Radio Pirata Campañó". Nesta ocasión viñeron a estrenar este programa, Carmen, Iris e Manuel da clase de 4º. Tivemos a sorte de que nos leran un conto que fala de cousas tan importantes como os dereitos que os nenos e as nenas teñen no mundo: "Tengo derecho a ser niñ@" de Aurélia Fronty.

Aquí vos deixamos o podcast para que disfrutedes deste conto:

mércores, febreiro 24, 2016

Dinamizando a biblioteca co noso conto "O monstro das cores"


Os nenos e as nenas de infantil queremos compartir o noso ensaio do conto "O Monstro das Cores" que adicamos todos os mércores no tempo do "club Lecteca infantil" na nosa Rufiteca. Falar galego, cóstanos... pero pouco a pouco...conseguirémolo.

Día de Rosalía de Castro

Neste 24 de febreiro día da nosa Rosalía de Castro, deixámosvos unha preciosa ilustración feita por Aurora Cascudo Román.


E tamén un pequeno programa de radio feito por nenos de 5º e de 6º curso do colexio.

luns, febreiro 22, 2016

Cine na Rufiteca

Como sabedes, este ano estamos traballando o cine. Neste apartado atoparedes información sobre o tema.


mércores, febreiro 17, 2016

A Vaca Valentina

No recanto da biblioteca podes atopar información sobre a vaca, o animal que estamos traballando as nenas e nenos de infantil.

Novidades

Rufiño foi de compras! Nesta sección da biblioteca poderás ver os novos libros e CDs que mercou. Sabedes que podedes consultalos na biblioteca ou levalos para a casa. 

luns, febreiro 15, 2016

Zona de Xadrez

Todos os días a nosa Rufiteca ten reservado un espacio para @s xogadores/as de xadrez. Hai sitio para 12 participantes, non chegues tarde! E lembra o horario é de 12:00 a 12:30.


luns, febreiro 01, 2016

Consellos para unha boa lectura


A lectura é un pracer e como tal hai que disfrutalo. O mellor xeito de facelo e seguir uns pequenos consellos:

1. Escolle un libro cun tema que che guste. Non se debe escoller un libro porque estea de moda, teña un gran número de páxinas ou porque é un clásico ou de obrigada lectura.

2. Atopa o teu lugar favorito para ler. Pode ser na túa habitación, no sofá, nun parque, nunha biblioteca... para que sea un bo lugar, debe ter boa luz, ser tranquilo e silencioso. Nunca leas coa televisión acesa.

3. Os contos tamén son libros. Non tes porque comezar con libros moi gordos, desfruta coa lectura de pequenas historias ou poesías, son unha boa forma de iniciarse.

4. Ten sempre a man un dicionario (ou un lápiz). Non deixes pasar o significado dunha palabra que descoñezas mirándoo nun dicionario, e se non tes un a man apunta a palabra que descoñeces para mirala despois.

5. Le pola noite ou nas viaxes. Unha boa forma de non aburrirse nunha viaxe é levar un libro, tamén é unha boa ferramenta para conciliar o sono pola noite.

6. Escoita os consellos de amig@s ou mestres/as para escoller novos libros que che poidan gustar.

7. Pasa de vez en cando por unha libraría para ver que novos libros hai.

8. Fala de libros que xa liches con outra xente á que lle gusta ler.

9. Apúntate a un clube de lectura!

Por último descarga, imprime e coloca este aviso na porta do teu rincón de lectura favorito ;)

luns, xaneiro 25, 2016

O xadrez triunfa na rufiteca

A nosa rufiteca énchese estes días de xogadores e xogadoras de xadrez gracias ao titor de 6º quen decidiu dende principio de curso adicarlle un tempo do recreo a ensinar este xogo de estratexia.

Os beneficios deste xogo ancestral para o desenrolo d@s nen@s son indiscutibles dende os primeiros cursos de primaria, así favorece a análise e a síntese, a memoria, a capacidade para resolver conflictos, a toma de decisións, a creatividade, a imaxinación, a concentración e atención, a empatía, a aceptación das reglas, etc.

Ademáis de ter todos estos beneficios o máis importante é que @s nen@s desfrutan moitísimo mentras xogan.


 


luns, xaneiro 18, 2016

Ei, ti! Buscas un conto?

Estás perdid@ entre a grande cantidade de títulos de literatura infantil e xuvenil que se publican? Non sabes moi ben onde e como buscar e non che apetece baixar á librería ou á biblioteca neste día gris?

Non te preocupes máis, dende a Rufiteca de Parada-Campañó temos a solución aos teus problemas e chámase: TRAFEGANDO RONSEIS. Si si, liches ben: "Trafegando Ronseis" é o nome dunha incrible bitácora onde podes atopar unha gran cantidade de contos ilustrados cunha pequena sipnose.

Podes acceder premendo na seguinte ligazón ou na imaxe dabaixo, non perdas esta dirección porque vale o seu peso en ouro ;)


http://trafegandoronseis1.blogspot.com.es