CONTACONTOS

domingo, decembro 24, 2023

FESTA DAS BADALADAS 2023

 Como cada fin do 1º trimestre, a nosa ANPA SAN PEDRO nos agasalla cunha marabillosa merenda con chocolatada e roscas. Con este tempo de frío non hai nada que sente mellor que esto, ademáis contamos con elfos e elfas que axudan a facelo posible e nola traen ás aulas. Tamén nos trouxeron unhas bolsiñas con agasallos para nós e coas fotos que nos fixemos con Papá Noel!!! Que sorte temos coas nosas familias da ANPA polo moito que nos miman e o que se implican na vida do cole!!

Despois do recreo, levamos cabo as BADALADAS onde tomamos a nosa versión de "uvas" e claro, despois, sempre ven a festa!!!! Os deixamos un pequeno vídeo das fotos que sacamos:

Pero claro, houbo festa e baile ata que rematou a xornada escolar. Bailaron moitísimo e déronno todo. Non fixemos vídeo de todo pero temos unha pequena peza do que alí montaron e as gañas de diversión que había!


Grandes e pequenos o pasaron xenial e todos xuntos querémosvos FELICITAR AS FESTAS!!! Agardámosvos en xaneiro coas pilas cargadas e con moitas cosas que nos contar! 

BO NADAL, FAMILIAS!




mércores, decembro 20, 2023

Noticiario se 4º


 O alumnado de 4º preparounos un noticiario do máis curioso. Será verdade todo o que nos contan?

 

domingo, xuño 11, 2023

Novos poscast 3º cancións, chistes e máis.


 


Os alumn@s de 3º amenizannos cunhas adiviñas e uns chistes.

Dúas alumnas de 3º realizan unha entrevista a outra das nosas alumnas, Blanca, que nos contará? O alumnado de 3º está moi cantarín e quixeron compartir con nós as súas cancións favoritas.

Novo podcast na Radio Pirata " Os Transportes" 5ºA

 Os alumn@s de 5ºA fannos un estupendo podcast divulgativo sobre os transportes, dende a súa historia ata unha valoración sobre aqueles que son mellores para o noso medio ambiente.



xoves, xuño 01, 2023

Novo podcast de segundo

Os nenos e nenas de segundo preparáronos un podcast dun conto titulado "Unha bruxa que non era moi guapa". Esperamos que vos guste.


venres, abril 28, 2023

Saída ao mercado

Os nenos e  nenas de E.I. de 4 anos foron ao mercado de abastos de Pontevedra, viron e aprenderon moitas cousas, ademais cantáronnos unha canción de María Fumaça. " Fun ao mercado"





 

luns, abril 24, 2023

Nosos nomes feitos rimas.


Temos nova entrada na radio. os nen@s da clase de 4 anos fixeron unhas rimas cos seus nomes que de seeguro vos gustan. Sabedes xa como se chaman estes ne@s? Pois escoitade ben e saberedelo.

https://go.ivoox.com/rf/106857376


luns, marzo 27, 2023

Os nosos contacontos

 CONTACONTOS  NA  BIBLIOTECA

    Outro ano máis o noso alumnado convértese en contacontos para deleitar   con novas historias aos seus  compañeir@s

Aquí tedes aos nosos contadores de historias e aos nen@s que disfrutaron do seu esforzo e arte.



















 














































.
















































.


venres, febreiro 10, 2023

luns, febreiro 06, 2023

MANDADIÑOS DE RUFIÑO

A RUFIÑO ENCÁNTALLE O ENTROIDO E XA TEN PREPARADOS OS SEUS MANDADIÑOS PARA TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE.
ESTADES LISTOS PARA DISFRAZARVOS???
( OS MANDADIÑOS NON SON ACUMULATIVOS, CADA DÍA TRÁESE O QUE TOCA)