CONTACONTOS

mércores, febreiro 21, 2024

ENTROIDO 2024

 O entroido deste ano estivo cargado de moita emoción e ilusión polas cousas que se tiñan organizadas. 

Na primeira semana estivemos disfrutando dos MANDADIÑOS DE RUFIÑO, que nos ía diciendo que cousas debiamos traer ou de que maneira vir vestidos.

O venres 9 tivemos unha saída escolar todo o colexio, polo que a gran festa trasladouse ó xoves 16 e venres 17. E menuda sorte tivemos co tempo que estivo o noso favor!!!

O xoves viñemos a clase disfrazados do que quixeramos, coma os de 4º Ed. Infantil que este curso entreábanse nestas celebracións.As caracterizacións estaban súper ben.

 E, o venres, foi o DÍA GRANDE. Ese día todos nos vestimos acorde co proxecto que estamos traballar no cole de "Brincando polo mundo". Había exipcios, mexicanos, parisinos, exploradores, conquistadores,...o cole estaba en movemento.



Despois do recreo e dun tempo para prepararnos, chegou o momento do desfile para que todas as familias que alí estaban puideran vernos a todos.


Saímos con moita emoción !!

Logo sentámonos na pista para poder dar paso as actuacións de todos os nosos compañeiros.










E, tras rematar, disfrutamos dunha gran merenda con repostería típica da celebración, orellas e filloas, gracias a nosa marabillosa ANPA SAN PEDRO!!!







Para rematar, deixamos un popurri de fotos nun pequeno vídeo!!!





venres, febreiro 09, 2024

SAÍDA ESCOLAR: ORQUESTA SINFÓNICA DE PONTEVEDRA

 O venres 9 todo o cole disfrutamos dunha actividade complementaria fóra do centro. Iamos disfrutar de "O entroido dos animais" gracias á Orquesta Sinfónica de Pontevedra.


Unha interpretación musical con violíns, violonchelo, contrabaixo, piano... e a proxección de imaxes e esceas en propio directo nunha gran pantalla. 


Os instrumentos, os seus sons, semellaban animais: leóns, elefante, paxaro,.. e tivemos unha pequena introdución do espectáculo gracias a dúas personaxes moi divertidas que nos sacaron sorrisos por doquier.

E así estabamos todos, ilusionados y contentos porque... quen non disfruta coa música?







Pero todo chega o seu fin e debiamos regresar ó colexio. O tempo fóra non acompañaba pero o ben que o pasamos compensouno todo!!! Así que, chuvasqueiros ben pechados e A CORRER Ó BUS!!




xoves, febreiro 01, 2024

MANDADIÑOS DE RUFIÑO

COMO SABEDES A RUFIÑO ENCÁNTALLE O ENTROIDO POR ISO XA TEN PREPARADOS OS MANDADIÑOS PARA A VINDEIRA SEMANA.

ESTADES PREPARADOS E PREPARADAS??

LEMBRADE QUE OS MANDADIÑOS NON SON ACUMULATIVOS, CADA DÍA TRAEREDES O QUE TOCA.