CONTACONTOS

mércores, marzo 07, 2018

O Loro Ravachol de 1º primaria

Con motivo do Entroido en Pontevedra, e tras escoitar o conto de "Marisé e o Loro Ravachol", o alumnado de 1º Ed.Primaria quixo debuxar cada un o seu propio Loro Ravachol que, pese a ser incinerado ó remate do Entroido, estes lucen moi colorido xa que era un loro moi querido por todos. Foi unha personaxe que lles encantou, sobre todo, pola súa "forma de falar" e das palabras "tan pecualidares" que dicía.

Ó chegar a clase, cada un deixou voar a súa imaxinación debuxando e coloreando o seu propio loriño e decorándoo con plumas dándolle un toque moi divertido!!

Aquí podedes ver as marabillosas obras de arte que fixeron:





















venres, marzo 02, 2018

OS CONTOS VIAXEIROS DE INFANTIL XA ESTÁN EN FUNCIONAMENTO

     Aquí temos os MALETÍNS de 3, 4 e 5 anos que transportan, junto cos diferentes Rufiños, os contos viaxeiros que están creando as familias das correspondentes aulas. 

     A temática das tres aulas é o mesmo, o noso proxecto "Bo Camiño!", no que abordarán o tema do Camiño De Santiago. O comezo do conto naceu nas aulas, no momento da asamblea e de vivencias que foron vivindo no seu día a día na aula cos compañeiros e coas mestras.



AULA DE 5 ANOS




AULA DE 4 ANOS




AULA DE 3 ANOS



     
     A verdade é que estamos moi sorprendidas coa boa acollida e a implicación por parte das familias porque os contos están sendo moi interesantes e, cando lemos a páxina que elabora cada familia, temos moitas gañas de saber que vai acontecer.

    De momento, os contos van por "BO CAMIÑO!" e, cando rematemos, subirémolos ó blog e os exemplares en papel poderédelos ver na Rufiteca. De momento, seguiremos creando...