Dende 1997 celébrase o día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
No colexio, montamos unha pequena exposición con lecturas relacionadas co noso proxecto deste curso, "Ponlle sabor á túa vida", en torno á Alimentación.
Conectado tamén co proxecto, montamos outra exposición de "merendas creativas", que o alumnado trouxo á escola con motivo do día mundial da Alimentación.