CONTACONTOS

luns, outubro 29, 2018

ACHÉGASE O SAMAGOSTO!!!!

EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ELABOROUSE UN TRÍPTICO DE INFORMACIÓN SOBRE O SAMAÍN E O MAGOSTO.
NEL PODEDES ATOPAR DIFERENTES DATOS DE INTERESE DOS QUE SEGURO QUE SACADES BO PROVEITO!!!!!


DÍA DA BIBLIOTECA

O PASADO 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES" CON DÚAS ACTIVIDADES ESPECIAIS:

- EN PRIMEIRO LUGAR VARIOS CURSOS ELABORARON UNS BONITOS ACRÓSTICOS A PARTIR DA PALABRA "BIBLIOTECA".

















- EN SEGUNDO LUGAR, OS "APADRIÑAMENTOS LECTORES". OS MAIORES DO COLE CONVERTERONSE EN CONTACONTOS POR UN DÍA PARA DISFRUTE DOS MÁIS PEQUERRECHOS. UNHA BONITA SESIÓN DE CONTOS QUE ESPERAMOS REPETIR EN MÁIS OCASIÓNS.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

FESTA DOS VOLUNTARI@S

A BIBLIOTECA DO NOSO COLE NON SERÍA A MESMA SEN A COLABORACIÓN DOS NENOS E NENAS.
AO LONGO DE TODO O CURSO OS VOLUNTARI@S AXUDAN DURANTE O RECREO LEVANDO A CABO DIFERENTES FUNCIÓNS. 
POR ISO, A FINAIS DO MES DE SETEMBRO TIVO LUGAR A "FESTA DOS VOLUNTARI@S". NELA FALTARON OS ANTIGOS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA QUE XA SE ATOPAN NO INSTITUTO.
COMEZAMOS CUNS "CANAPÉS LITERARIOS", XOGO NO QUE TIÑAN QUE ADIVÑAR PARA PODER COMER DESPOIS. CONTINUAMOS CUNHA MERENDOLA TODOS XUNTOS PARA REMATAR COA ENTREGA DUN AGASALLO CONMEMORATIVO.
ESPERAMOS QUE TODOS E TODAS DISFRUTARAN DO EVENTO E QUE SIGAN COLABORANDO TAN ACTIVAMENTE!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

mércores, xuño 13, 2018

RATA LINDA DE COMPOSTELA


O alumnado de 3º de primaria dramatizou este conto inspirándose na Catedral de Santiago. 

Esperamos que vos guste!!

mércores, xuño 06, 2018

REFRÁNS E DITOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO ( 5º ED. PRIMARIA)

   O alumnado de 5º de primaria traballou arredor do proxecto anual "Bo Camiño!" investigando sobre aspectos literarios que xiran arredor deste proxecto.



   Dita investigación centrouse nos DITOS e REFRÁNS que existen sobre o Camiño de Santiago e, por iso, realizaron este pequeno vídeo onde van mesturando imaxes co recitado dos diversos refráns. BO TRABALLO, RAPACES!!


luns, xuño 04, 2018

CONTO VIAXEIRO 3 ANOS: "Os peregríns de Campañó"

      Os nenos de 3 anos, xunto coas familias, comenzaron desde hai meses unha aventura literaria. Un día apareceu un debuxo na aula e, sobre ese debuxo, formuláronse dúbidas e suposicións que supuxeron o inicio do noso conto relacionado co proxecto anual "Bo Camiño!". 

     Propúxoselle ás familias se querían colaborar elaborando unha páxina do conto e unha ilustración e sempre contando coa axuda dos seus fillos/as na medida do posible. A partir de ahí, un maletín viaxeiro foi indo de casa en casa alimentándose de aventuras, de cores, de debuxos, de palabras e de moita ilusión.

  Finalizadas as páxinas, decidimos poñerlle voz ás palabras e nada mellor que as familias participantes para relatar o que inventaran. E así nace o AUDIOCONTO "Os peregríns de Campañó" que agardamos que vos guste (Para verlo, PINCHADE NA FOTO, dura 25 min aproximadamente.)







xoves, maio 17, 2018

AS LETRAS GALEGAS NO CICLO DE INFANTIL

     Con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o ciclo de infantil traballamos arredor da figura de Mª Victoria Moreno. Dado que foi unha gran apaixonada da nosa lingua e, por iso, afondamos nela tratando de descubrir palabras que nos gusten en galego:

- Unhas xurdiron na aula, en grupo, falando na asamblea. Os nenos foron aportando palabras que coñecían e que lles gustaban, sobre todo nas aulas de 4 e 5 anos.

- E outras foron aportadas polos nenos xunto coas súas familias, onde cada un dictáballe á mestra as letras que contiña a palabra elexida na súa familia e logo, entre todos, líana coa axuda da mestra.

    En ambos casos, despois de traballalas, realizaron a súa manualidade onde plasmaban e decoraban  a palabra ou palabras galegas dentro de:

                                   - Os de 3 anos dentro dunha flecha que sinala o camiño.
                                   - Os de 4 anos dentro dunha letra en maiúscula.
                                   - Os de 5 anos dentro dunha letra en minúscula.



Pero, tras escribir, decorar e prastificar xurdiunos unha dúbida: ONDE AS COLOCAMOS? Hai quen propuxo colocalas no teito da aula, ou debaixo do encerado, ou na porta...pero ou era complicada a colocación ou non se podía. Así que mellor era saír da aula en busca dun posible sitio. 



E, camiñando camiñando, chegamos á entrada do cole e o tivemos claro:

NA ÁRBORE DE FLORES ROSAS DO COLEXIO!







           O Kanzan perdera as súas flores rosas debido ó aire e quedara coas súas follas verdes polo que decidimos que quedaría ben enchelo de cor e de palabras bonitas, e non hai nada máis lindo que a nosa lingua.

           E, asemade, tamén traballamos nas aulas arredor das poesías elaboradas para o programa de radio " Dálle á lingua" e coa que realizamos uns pequenos videos no que traballamos a expresión oral (pronunciación, vocalización,...) e a expresión corporal (dramatización da poesía). Por iso, compartimos estas pequenas pezas audiovisuais que agardamos que vos gusten:








Tamén  vos  deixamos  un vídeo que nos gustou moito, no que se lle pon música e baile a un poema de María Victoria Moreno e que ademáis tamén se pode ver en lingua de signos.


martes, maio 15, 2018

TRABALLANDO A INCLUSIÓN



Onte, no noso colexio, houbo  un obradoiro sensorial para o alumnado de primaria levado a cabo polas asociacións ACEESCA, COGAMI, AMENCER e ASEM que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, das súas familias e da contorna, promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía e autodeterminación.

Os nenos e nenas do colexio tiveron que poñerse no lugar destas persoas e comprender como é o seu día a día. 
Foi unha actividade de gran interese para todos, xa que nos fixo reflexionar sobre a cantidade de barreiras arquitectónicas e sociais aínda pendentes de desaparecer hoxe en día. 

Dende aquí queremos agradecer a todas estas asociacións a súa iniciativa de acercarnos un pouquiño a súa realidade. 
Gozamos un montón!





martes, abril 24, 2018

OBRADOIRO DE CALIGRAFÍA MEDIEVAL

Onte no colexio tivemos a sorte de transportarnos á Idade Media. Primeiramente acudimos a unha explicación sobre a caligrafía nesta época: materiais, pergamiño, tipos de tinta, etc. A continuación puxemos en práctica estes coñecementos realizando un pequeno texto do Pergamiño Vindel de Martín Códax, recordando así as aprendizaxes sobre o Códice Calixtino tan intimamente relacionado co Camiño de Santiago sobre o que estamos traballando.
Foi unha actividade moi enriquecedora e lúdica e gozamos un montón con ela!!




23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Onte foi o Día do Libro, así que enchemos os corredores do colexio de deseños de nenos/as lendo o seu libro favorito. A actividade gustoulles moito e o resultado non podía ser máis divertido. 



E como dicía Cervantes: " El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho". 

Feliz Día do Libro!!

luns, abril 23, 2018

SAÍDA Á FRAGA DO CICLO DE INFANTIL

O ciclo de infantil, como xa sabedes, partipamos no CONTO VIAXEIRO entre colexios de Pontevedra e, este curso, leva o título "Asubíos na fraga". Por tal motivo, as titoras traballamos nas aulas esta temática.

Despois de investigar sobre que cousas atopamos na fraga, que pode ser un asubío alí,... elaboramos as nosas páxinas do conto (xa mencionado noutro artigo):


Tras todo isto, organizamos unha saída a nosa fraga que está na contorna, en Campañó. 


Así que o venres 20 puxémonos en marcha para adentrarnos na fraga. Para iso, fixemos filas formada por tríos:

Un nenos de 3 anos, outro de 4 anos e, dirixindo, un MAIOR de 5 anos.



 É marabilloso ver a responsabilidade que adquiren os de 5 anos porque se sinten maiores.

Cando chegamos alí, observamos todas as árbores que alí habían, as follas que son diferentes, os froitos, así como falar dos animais que vivían na fraga onde, para eles, o máis importante e o que era máis protagonista dalí era, por suposto, O LOBO.



Foi unha xornada na que aprenderon moitísimo e disfrutaron a tope pero, A QUE NON SABEDES???? Mentres viñamos de volta, paramos xunto a unha fonte e alí había unha sorpresa!!!! apareceu unha poesía sobre xoaniñas que queremos aprender e traballar sobre ela! Xa vos ensinaremos todo o que nos depara esta poesía...

PARA VER MÁIS FOTOS DESTA SAÍDA, PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO, que fixémola onde atopamos ese "AGASALLO" e co que comezamos unha nova misión.







APADRIÑAMENTO LECTOR

Con motivo da celebración do Día do Libro, o venres realizamos no patio a actividade do "apadriñamento lector". Nela, os maiores prepararon unha lectura para contarlles aos máis pequenos. Así, en pequenos grupos espallados polo patio, gozamos desta agradable xornada compartindo interesantes historias. Pasámolo xenial, así que seguro qu repetimos!!





Tedes máis fotos desta actividade  na galería de imaxes ou PINCHANDO EIQUÍ

mércores, marzo 07, 2018

O Loro Ravachol de 1º primaria

Con motivo do Entroido en Pontevedra, e tras escoitar o conto de "Marisé e o Loro Ravachol", o alumnado de 1º Ed.Primaria quixo debuxar cada un o seu propio Loro Ravachol que, pese a ser incinerado ó remate do Entroido, estes lucen moi colorido xa que era un loro moi querido por todos. Foi unha personaxe que lles encantou, sobre todo, pola súa "forma de falar" e das palabras "tan pecualidares" que dicía.

Ó chegar a clase, cada un deixou voar a súa imaxinación debuxando e coloreando o seu propio loriño e decorándoo con plumas dándolle un toque moi divertido!!

Aquí podedes ver as marabillosas obras de arte que fixeron: