CONTACONTOS

martes, abril 23, 2024

Agasallos da ANPA polo Día do Libro

Hoxe é un día importante para todos os amantes da lectura e en especial para a nosa Rufiteca; hoxe conmemórase o Día do Libro. A nosa ANPA é consciente da importancia que ten este espazo no alumnado do cole por iso, para festexalo por todo o alto, fixo un agasallo aos nenos e nenas do cole:


                             Un lote de libros e uns xogos para o noso recuncho!!!!



Moitísimas grazas a ANPA San Pedro por contribuir a cultivar no alumnado o gusto pola lectura e fomentar as súas capacidades a través do xogo. A rufiteca é un espazo máis bonito e atractivo para eles e elas grazas a xestos coma este.

luns, abril 22, 2024

Conto viaxeiro: "A máquina do tempo"

 Ao longo destes meses todo o alumnado do cole estivo traballando de arreo para elaborar de maneira cooperativa un conto. 

Foron meses de moito traballo: de ler, imaxinar, debuxar, escribir, pasar a limpo... e ata de repetir e aprender.

A data clave para a publicación desta obra era, como non podía ser doutra maneira, o 23 de abril, día do Libro.

A continuación deixámosvos un enlace para que poidades gozar da nosa obra mestra, estaremos nominados e nominadas a algún premio literario? Nunca se sabe!

                                                              "A MÁQUINA DO TEMPO"


xoves, abril 18, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: ANA E CECI

Hoxe Ana e Ceci visitaron a aula de 1º de Educación Primaria para contarlles un conto moi relacionado co Proxecto de Centro:


Todos moi atentos e atentas á historia... 


Moitas grazas por escoller a nosa clase para contar este conto Ana e Ceci!!

mércores, abril 17, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: SABELA, CARLOTA E MATEO

 Menudo contacontos o de hoxe!! Xa só mirar o cartel o alumnado de 2º de Educación Primaria estaba emocionado polo que se lle viña despois do recreo!

Sabela, Carlota e Mateo viñeron contarnos o conto de "Empanada de Mamut"


Un novo triunfo de contacontos, o alumnado pasouno xenial escoitando aos seus compis!


Moitas grazas Sabela, Carlota e Mateo por compartir con nós o voso gusto pola lectura!

martes, abril 16, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: HELENA, DARÍO E UXÍA

Comezamos unha nova semana de contacontos no cole!

Esta vez os nosos compis Helena, Darío e Uxía viñeron preparadísimos á clase de 4 anos coa historia "Superhéroes en el cole":


Como se nota que as historias de superheroínas e superhéroes sempre triunfan! Non se escoitaba nin unha mosca!


E ao rematar agasalláronnos cunhas máscaras que nos axudaron a preparar! Co que nós gustan ás máscaras nesta clase! Nótase que estes contacontos viñan moi ben preparados!


Moitas grazas Helena, Darío e Uxía!!! 

venres, abril 12, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: AINARA, XABI E HUGO.

No día de hoxe o alumnado da clase de 3 anos estaba emocionado dende primeira hora da mañá posto que Rufiño lles deixara na clase o cartel do contacontos que lles esperaba á volta do recreo.


Ainara, Xabi e Hugo trouxeron unha historia moi divertida na que se falaba de algo tan universal e cotiá como gracioso e chistoso: a caca. O alumnado non perdeu detalle!


Ao rematar, por portarse tannnn ben, agasallaron ós nenos e ás nenas cunhas pegatinas moi graciosas!!


Que divertido é volver do recreo así!

Moitas grazas a Ainara, Xabi e Hugo por ser os nosos contacontos de hoxe!!

OS NOSOS CONTACONTOS: ÁLVARO E FELIPE

Nova xornada de contacontos á volta do recreo!

Hoxe foron Álvaro e Felipe os encargados de visitar a aula de 5 anos para contar un conto despois do recreo.



Pero non vaiades pensar que o de contar un conto consiste simplemente en ler o que pon o libro e listo! Para nada! Estes dous compis fixeron un traballo de tradución impresionante ao tempo que ían contando a historia, e é que o libro estaba en portugués!!!

Ao rematar comprobamos como o que foron contando e o que aparecía alí escrito non era o mesmo, que interesante!



Moitas grazas a Álvaro e Felipe por pasar ese tempiño de lectura con nós!!

martes, abril 09, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: IVÁN

Hoxe foi o alumnado de 2º de Educación Primaria o afortunado en ter a visita do seu compañeiro Iván durante o período lector. Veu cun conto mooooooi divertido.


O alumnado escoitou moi atento a historia deste lobo cochinote (tal e como o define a súa autora). As risas estiveron aseguradas!


Moitas grazas a Iván por compartir coa clase de 2º un tempo de lectura tan enriquecedor!

xoves, abril 04, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: NAYRA, ANA E CECI

 Novo contacontos nesta semana de volta á rutina!

Hoxe foron Nayra, Ana e Ceci as encargadas de levar unha historia un tanto curiosa ao alumnado de 4 anos, e é que... algunha vez vistes un león no colexio? E sabedes se é posible agochalo?


O alumnado quedou cautivado con esta historia tan divertida na que coñeceron a Iris e ao seu amigo o león. Seguro que máis de un/unha estaba desexando ter un amigo así!


Moitas grazas ás nosas compañeiras Nayra, Ana e Ceci por elixir unha historia tan chula!! Sodes benvidas sempre que queirades!

mércores, abril 03, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: GEMA E EVA

 Novo día de contacontos no cole!

Hoxe foron as nosas compañeiras Gema e Eva as encargadas de contar o conto de Las princesas más valientes ao alumnado de 1º de educación primaria.


Con esta fermosa historia o alumnado puido coñecer novas princesas, todas elas reais como a vida mesma. Princesas que cren e defenden a igualdade!

E como non podía ser doutra forma alí estaban todos sen perder detalle!

Moitas grazas a Gema e Eva por escoller unha historia como esta e por compartila con nós, foi un auténtico pracer!

martes, abril 02, 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: PABLO, ROI E MARTA

Menudo contacontos tiñan os nosos compañeiros Pablo, Roi e Marta preparado para hoxe!


O alumnado de 5 anos estivo moi atento á historia deste león tan curioso e non perderon detalle da súa historia.





Moitas grazas a Pablo, Roi e Marta por dedicar un anaquiño do voso tempo en contar historias aos vosos compis de infantil!