CONTACONTOS

martes, febreiro 23, 2021

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

 

Hoxe é o día adicado a Rosalía de Castro. E, sabedes por que é ese día? Porque ela naceu un 24 de febreiro, e así cada ano, neste día, celebramos o seu aniversario e recoñecemos a importancia que ten e tivo para a nosa lingua.

Neste video podedes enterarvos ben da súa biografía e traxectoria.






Podedes ver algúns dos seus poemas, musicalizados.

"Rosalía pequeniña" cantada por Uxía.




"Has de cantar, meniña gaiteira"



"No bico un cantar"




E para rematar, unha en estilo rap, "Cantarte hei Galicia"-Aida Alonso




luns, febreiro 22, 2021

CONTACONTOS- LUCAS E ANABEL CONTAN A HISTORIA DE "ELMER"

 

 

Para dar comezo á semana, Anabel e Lucas, leron a historia de Elmer, un elefantiño divertido e especial.

CONTO ADICADO AOS SEUS COMPAÑEIROS/AS DE 4º DE PRIMARIA.

 


 

Moi ben rapaces!

Grazas polo voso agasallo!

domingo, febreiro 21, 2021

IRIA, CECILIA E EVA CONTAN "A MELLOR SOPA DO MUNDO"

 

As nosas compañeiras de 2º de primaria, contaron este conto, ESPECIALMENTE ADICADO AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL.

 


 

NORABOA RAPAZAS!!

REVISTA O PAPAGAIO DO MES DE FEBREIRO

 

Premendo na imaxe podedes acceder á revista do mes de febreiro.

Boa lectura!!

 


 

luns, febreiro 15, 2021

ENTROIDO 2021

 OS MANDADIÑOS DE RUFIÑO PARA A SEMANA DO ENTROIDO FORON MOI BEN RECIBIDOS E AQUÍ PODEDES VER UNHA PEQUENA MOSTRA.

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES 

VENRES








sábado, febreiro 13, 2021

MAIS CONTACONTOS!! IMOS CAZAR UN OSO

 

 

As nosas compañeiras XIANA, AINHOA, DANIELA, ALDARA E MARÍA SOL, de 3ºB,  se animaron con este conto tan divertido "Imos cazar un oso".



NORABOA RAPAZAS!!

mércores, febreiro 10, 2021

MATEO LE PARA OS SEUS COMPAÑEIROS DE CLASE , "EL ANILLO DE LA BRUJA".

 

Esta semana tamén Mateo, da aula de 3º A, se animou a ler un conto. Nesta ocasión, para os seus compañeiros de aula. 

Eles o escoitaron en directo, e vós, se queredes, podedes escoitalo na seguinte gravación.

 

 

Grazas Mateo!!!

RADIO PIRATA!! OS ALUMNOS/AS DE 4º DE PRIMARIA PRESENTAN A NOSA RADIO

 

Esta semana o alumnado de 4º de primaria, preparou unha pequena gravación contando como é a nosa radio. 

Esta gravación se enviará a Ponte nas Ondas, para conmemorar o día da Radio, que se celebra o 13 de febreiro.

 Podedes escoitala a continuación!

Bo traballo, rapaces!!

 

OS NENOS DE 3ºA RECITAN POEMAS NA RADIO

 

A semapana pasada, algúns compañeiros/as de 3ºA visitaron a radio para recitar poemas.

Mario recitóu"Aquel muñeco de nieve".

Mateo, "La fauna marina".


luns, febreiro 08, 2021

OS NENOS E NENAS DE 4º FALAN NA RADIO SOBRE A CONTAMINACIÓN

 

A semana pasada, os compañeiros/as de 4º gravaron na Radio escolar, moitas cousas que averiguaron na súa investigación sobre a CONTAMINACIÓN.

 A continuación podédelos escoitar.


sábado, febreiro 06, 2021

CONTACONTOS: É O TURNO DE IZAN E LOURDES

 

O compañeiro de 3º A, Izan, le a historia "Chusco, un can vagabundo", que conta cun final feliz para Chusco.

 


 



Da mesma clase,  Lourdes animouse a contar o conto "A vaca Victoria".

 


 


MOITAS GRAZAS RAPACES E A POR OUTRO!!!

venres, febreiro 05, 2021

MÁIS CONTACONTOS!!

 

Antía e Paula de 6º contan "Iago xa non usa o penico".

ADICADO AOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS.


 

Tamén gravaron un conto Aki e Iago de 5º de primaria.

Titúlase "Andrés o mentireiro" e está ADICADO AOS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA.

 

 

E por último as dúas Alejandras de 5º de primaria contaron o conto "Iriña bailarina".


 


Grazas rapaces/as!!


xoves, febreiro 04, 2021

É O TURNO DE KATIA E SABELA CO CONTO "ROSA CARAMELO"

 

Esta semana empezamos o luns coa historia  de "Rosa Caramelo", contada por Katia e Sabela, de 6º de primaria.

ESPECIALMENTE ADICADO AOS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA.

 


 

 

GRAZAS RAPAZAS, POR ESTA BONITA HISTORIA!!