Con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o ciclo de infantil traballamos arredor da figura de Mª Victoria Moreno. Dado que foi unha gran apaixonada da nosa lingua e, por iso, afondamos nela tratando de descubrir palabras que nos gusten en galego:
- Unhas xurdiron na aula, en grupo, falando na asamblea. Os nenos foron aportando palabras que coñecían e que lles gustaban, sobre todo nas aulas de 4 e 5 anos.
- E outras foron aportadas polos nenos xunto coas súas familias, onde cada un dictáballe á mestra as letras que contiña a palabra elexida na súa familia e logo, entre todos, líana coa axuda da mestra.
En ambos casos, despois de traballalas, realizaron a súa manualidade onde plasmaban e decoraban a palabra ou palabras galegas dentro de:
- Os de 3 anos dentro dunha flecha que sinala o camiño.
- Os de 4 anos dentro dunha letra en maiúscula.
- Os de 5 anos dentro dunha letra en minúscula.
Pero, tras escribir, decorar e prastificar xurdiunos unha dúbida: ONDE AS COLOCAMOS? Hai quen propuxo colocalas no teito da aula, ou debaixo do encerado, ou na porta...pero ou era complicada a colocación ou non se podía. Así que mellor era saír da aula en busca dun posible sitio.
E, camiñando camiñando, chegamos á entrada do cole e o tivemos claro:
NA ÁRBORE DE FLORES ROSAS DO COLEXIO!
O Kanzan perdera as súas flores rosas debido ó aire e quedara coas súas follas verdes polo que decidimos que quedaría ben enchelo de cor e de palabras bonitas, e non hai nada máis lindo que a nosa lingua.
E, asemade, tamén traballamos nas aulas arredor das poesías elaboradas para o programa de radio " Dálle á lingua" e coa que realizamos uns pequenos videos no que traballamos a expresión oral (pronunciación, vocalización,...) e a expresión corporal (dramatización da poesía). Por iso, compartimos estas pequenas pezas audiovisuais que agardamos que vos gusten:
Tamén vos deixamos un vídeo que nos gustou moito, no que se lle pon música e baile a un poema de María Victoria Moreno e que ademáis tamén se pode ver en lingua de signos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario