Hoxe é o día adicado a Rosalía de Castro. E, sabedes por que é ese día? Porque ela naceu un 24 de febreiro, e así cada ano, neste día, celebramos o seu aniversario e recoñecemos a importancia que ten e tivo para a nosa lingua.
Neste video podedes enterarvos ben da súa biografía e traxectoria.
Podedes ver algúns dos seus poemas, musicalizados.
"Rosalía pequeniña" cantada por Uxía.
"Has de cantar, meniña gaiteira"
"No bico un cantar"
E para rematar, unha en estilo rap, "Cantarte hei Galicia"-Aida Alonso
Ningún comentario:
Publicar un comentario