Os alumn@s de 5º de primaria participan nun obradoiro de Radio Escolar.
Levamos varios cursos escolares participando en obradoiros de formación sobre Radio Escolar, xa que o noso centro forma parte do Plambe de Bibliotecas Escolares e o programa de Radio na Escola.
Neste curso os encargados de formarnos son os periodistas e locutores de Radio Voz, Pablo Portabales e Loreto Silvoso.
Este mércores 19 Pablo impartiu a primeira sesión.
O alumnado de 5º de primaria foron os participantes.
Os contidos que se trataron foron moi amenos e prácticos:
-Visualizáronse todos os programas de radio que se estaban a realizar nese momento en calquera punto do mundo (Xapón, Corea, Arxentina, Andorra...).
-Levaron a cabo exercicios de voz, entonación e respiración.
-Coñeceron as distintas partes dun guión de radio, preparando un todo o grupo, pensando no público ó que iría dirixido, as distintas seccións...e organizouse o traballo de xeito que cada un preparase a súa parte.
E a continuación, o resultado desta sesión de hora e media que foi do máis productiva!
A seguinte sesión con Loreto Silvoso foi o luns 24 , na que se trataron maís aspectos relativos a ténicas para comunicar a través da radio, expresión oral, improvisación, entonación.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario