CONTACONTOS

mércores, 30 de decembro de 2015

Recomendacións literarias para este Nadal 2015-2016

Estas son as recomendacións literarias que vos ofrecemos dende a nosa biblioteca para que este nadal agasalledes literatura á noso querido alumnado e lembrade que:

"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro"


Preme nesta ligazón para descargar o tríptico completo.

A nosa biblioteca

A nosa biblioteca mellora cada ano e nós estamos moi orgullos@s delo, aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o aspecto que ten neste curso 2015-2016.

Premede na imaxe para ver a galería

Biblioteca escolar, base de exploracións

"Biblioteca escolar, base de exploraciónsé o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe. 
A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.
En efecto, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de aprendizaxe.
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.