CONTACONTOS

venres, 16 de decembro de 2022

venres, 9 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado día 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Dende o noso cole quixemos visibilizar e experimentar as distintas barreiras ás que se enfrontan as persoas con algún tipo de discapacidade, para iso realizamos distintos xogos rotativos nos que as nenas e os nenos tiveron que axudarse e colaborar para conseguir superar todas as probas. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!
















luns, 21 de novembro de 2022

 DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


O pasado día 24 celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares. Deixámosvos aquí dúas actividades para que poidades ver o ben que o pasamos.


APADRIÑAMENTOS LECTORES




DECORACIÓN DAS PORTAS DAS CLASES CON "BOOKFACE"




















domingo, 26 de xuño de 2022

Recomendacións lectoras para o verán!!

  Amiguiños e amiguiñas!!!


Chegou a hora de facer unha parada no camiño para desfrutar das vacacións de verán.

E por si vos apetece engadir novas aventuras ás cotiás, aquí deixamos unhas recomendacións dalgunhas lecturas que poderían axudarvos a acadalas.


Feliz verán!!

xoves, 16 de xuño de 2022

MÁIS CONTACONTOS! "LUNA" E "A MELLOR SOPA DO MUNDO".

As compañeiras de 1º de primaria, Gretel, Hada, Uxía e Alba prepararon o conto de "Luna" para contarllo aos nenos e nenas de 4 anos.






 

Noutra xornada, Ana de 3º de primaria contou "A mellor sopa do mundo" aos nenos e nenas de 3 anos.








xoves, 26 de maio de 2022

"Los tres cerditos" contado por Ariadna, Ainhoa e Cecilia.

 As nosas compañaeiras de 3º de primaria visitaron a aula de 3 anos para contar un conto que aos nenos/as lles encanta, Os tres porquiños!!!


Desfrutaron moito cunha historia que coñecen moi ben pero que encantados a volverían a escoitar moitas outras veces!







Ceci, Gema e Nayra contan un conto aos compañeiros de 5 anos.

 As nosas compañeiras de 3º de primaria visitaron aos nenos e nenas de 5 anos para contarlles o conto "A cousa que máis doe do mundo".


Quedaron encantados!! Grazas rapazas!!






luns, 23 de maio de 2022

Os alumnos/as de 3º de primaria fan un traballo sobre un libro de Paula Carballeira

 O alumnado de 3º de primaria traballou a partir da lectura do libro "BRUXA E FAMILIA" de PAULA CARBALLEIRA.


Fixeron uns traballos ben interesantes, que deixan máis que claro que lles gustou moito o libro. 
Aquí vos deixamos unha mostra.













A autora tiña pensado vir ata o colexio a falar do seu libro cos alumnos e facer unha sesión de contacontos pero tiña a axenda completísima e non puido ser.

Pero Paula enviou unha mensaxe por audio ao alumnado desculpándose e saudándoos.






Os alumnos e a profe de 3º, Peque, quedaron encantados e tamén lle enviaron unha mensaxe de agradecemento.




Ademáis, ó non poder vir Paula, a editorial Santillana enviou a Manolo Solla a contar uns contos moi divertidos.
 Podedes ver máis na anterior entrada da biblioteca, que aparece a continuación.