CONTACONTOS

domingo, 24 de decembro de 2023

FESTA DAS BADALADAS 2023

 Como cada fin do 1º trimestre, a nosa ANPA SAN PEDRO nos agasalla cunha marabillosa merenda con chocolatada e roscas. Con este tempo de frío non hai nada que sente mellor que esto, ademáis contamos con elfos e elfas que axudan a facelo posible e nola traen ás aulas. Tamén nos trouxeron unhas bolsiñas con agasallos para nós e coas fotos que nos fixemos con Papá Noel!!! Que sorte temos coas nosas familias da ANPA polo moito que nos miman e o que se implican na vida do cole!!

Despois do recreo, levamos cabo as BADALADAS onde tomamos a nosa versión de "uvas" e claro, despois, sempre ven a festa!!!! Os deixamos un pequeno vídeo das fotos que sacamos:

Pero claro, houbo festa e baile ata que rematou a xornada escolar. Bailaron moitísimo e déronno todo. Non fixemos vídeo de todo pero temos unha pequena peza do que alí montaron e as gañas de diversión que había!


Grandes e pequenos o pasaron xenial e todos xuntos querémosvos FELICITAR AS FESTAS!!! Agardámosvos en xaneiro coas pilas cargadas e con moitas cosas que nos contar! 

BO NADAL, FAMILIAS!




mércores, 20 de decembro de 2023

Noticiario se 4º


 O alumnado de 4º preparounos un noticiario do máis curioso. Será verdade todo o que nos contan?