CONTACONTOS

xoves, 30 de marzo de 2017

Un contiño cortiño de Rufiño

Hai uns días estuvimos lendo un dos novos libros da Rufiteca: A Vaca Victoria.



A verdade é que era moi impactante porque en tres páxinas comezaba e remataba a historia. Soamente 3 páxinas???? Non o podiamos crer, como pode ter un conto 3 páxinas??? Había unha vaca que morreu e acabou o conto!!! Pero, despois dun rato, decatámonos que ocultaba...algo máis. Pero para iso é mellor que vaiades á Rufiteca ou merquedes o libro para que o descubrades. 

     Sen embargo, os nenos de 5 anos quedaron moi impactados por este libro e dedidiron inventar entre todos outro conto cortiño e este é o resultado. Agardamos que vos guste! (pinchar na imaxe)



martes, 28 de marzo de 2017

Os nenos e nenas de 3 anos contan...Abezoo


O alumnado de 4º de Educación Infantil subiu á Radio Pirata a recitarnos dous poemas do libro Abezoo: "La araña y el ciempiés" e "El bebé cerdito".

Que ben o fixeron!

luns, 20 de marzo de 2017

A pintora Olga Martínez visita o noso cole



A semana pasada visitounos a pintora Olga Martínez, que nos explicou o proceso de creación da súa obra e coa que aprendimos moito sobre Arte e pintura! 

Deixámosvos aquí un vídeo con fragmentos da conversa do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º con Olga.