CONTACONTOS

domingo, 26 de decembro de 2021

O alumnado de 2º de EP participa na Radio Pirata cunha panxoliña

 Coa chegada do Nadal, quen non canta unha panxoliña?


Seguro segurísimo que en todas as aulas, e neste caso os alumnos e alumnas de 2º de primaria, quixeron cantala na Radio Pirata, para todos nós, nenos, profes e familias!!





                                   

domingo, 19 de decembro de 2021

Xoel, Borja e Pablo contan o conto "O tigre" aos nenos e nenas de 3 anos.

O venres pasado os compañeiros de 4ºB Pablo, Borja e Xoel, contaron o conto "O tigre" aos nenos e nenas de 3 anos, que estiveron moi atentos-



 




Grazas rapaces!!!



xoves, 16 de decembro de 2021

sábado, 11 de decembro de 2021

O PAPAGAIO- NOVEMBRO

 

Aquí vos deixamos a revista "O papagaio" do mes de novembro, por si vos apetece pasar un bo rato lector.


















mércores, 1 de decembro de 2021

HOXE PASARON POLA BIBLIOTECA IVÁN E MATEO CO SEU CONTO "A OVELLA"

 Pois así é!!


Hoxe foron Iván e Mateo, de 4ºB, os que deleitaron aos maís pequenos co conto "A ovella".











GRAZAS RAPACES!!!







domingo, 28 de novembro de 2021

ALMU E CELIA CONTAN "ACOUGA BABAU" AOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS

 Esta semana tivemos máis contacontos!!

Nesta ocasión, Almu e Celia, de 5º de primaria, visitaron a clase de infantil 4 anos para contarlles "Acouga Babau" e o fixeron moi moi ben.


Noraboa rapazas e grazas por participar!!!










mércores, 24 de novembro de 2021

E CHEGOU O TURNO DE UXÍA E ÁLEX CO CONTO "JOSEFINA EN LA NIEVE"


 Os nosos compañeiros de 5º, Uxía e Álex, visitaron a biblioteca co con "Josefina en la nieve", especialmente adicado aos compañeiros de 2º de primaria.













Fixérono moi moi ben!
Grazas rapaces!!!



martes, 23 de novembro de 2021

Xiana e Ainhoa contan "El gran oso polar" aos nenos e nenas de 3 anos

As compañeiras de 4ºB Ainhoa e Xiana visitaron aos compañeiros de 3 anos para contarlles o conto "El gran oso polar", que estiveron preparando durante as horas de ler.






Ó finalizar Xiana e Ainhoa entregaron a cada neno un agasallo, unhas pulseriñas de goma.

Grazas rapazas!!!