CONTACONTOS

luns, 31 de xaneiro de 2022

Feliz día da Paz!!

 Con motivo desta data tan especial, Rufiño e o seu equipo de Biblioteca. propuxeron investigar en torno a diferentes asociacións da nosa cidade que colaboran para asistir e atender ás persoas máis desfavorecidas, e concretamente no tocante a alimentación, cos comedores sociais e as recollidas de alimentos.


Baixo o lema "SÓ SEN FAME HABERÁ PAZ, ALIMENTA A PAZ" leváronse a cabo os distintos traballos de aula e tamén unha recollida de alimentos para donar a dúas asociacións.


Se pinchades na foto de enriba poderedes acceder á páxina de "Orgullo de Campañó" e enterarvos máis da actividade. 


 Ademáis,  na biblioteca temos un recanto adicado a diferente bibliografía relaacionada con esta temática.




sábado, 29 de xaneiro de 2022

Novo contacontos: "Mariseldiña"



As compañeiras de 6º de primaria, Nayra, Alejandra e Xiana contaron o conto "Mariseldiña" aos nenos e nenas de 4 anos.







Moi ben rapazas!!








domingo, 23 de xaneiro de 2022

Os alumn@s de 5º de primaria participan nun obradoiro de Radio Escolar.


Levamos varios cursos escolares participando en obradoiros de formación sobre Radio Escolar, xa que o noso centro forma parte do  Plambe de Bibliotecas Escolares e o programa de Radio na Escola.

 


Neste curso os encargados de formarnos son os periodistas e locutores de Radio Voz, Pablo Portabales e Loreto Silvoso.

Este  mércores 19  Pablo impartiu a primeira sesión.

O alumnado de 5º de primaria foron os participantes.

 Os contidos que se trataron foron moi amenos e prácticos:

-Visualizáronse todos os programas de radio que se estaban a realizar nese momento en calquera punto do mundo (Xapón, Corea, Arxentina, Andorra...). 

-Levaron a cabo exercicios de voz, entonación e respiración. 

-Coñeceron as distintas partes dun guión de radio, preparando un todo o grupo, pensando no público ó que iría dirixido, as distintas seccións...e organizouse o traballo de xeito que cada un preparase a súa parte.


E a continuación, o resultado desta sesión de hora e media que foi do máis productiva!





A seguinte sesión con Loreto Silvoso foi o luns 24 , na que se trataron maís aspectos relativos a ténicas para comunicar a través da radio, expresión oral,  improvisación, entonación.....












sábado, 22 de xaneiro de 2022

Máis contacontos! "Coco el perro", "Contos de 5 minutos" e "Iago vai á perruquería".

 

Nesta semana leváronse a cabo 3 contacontos.


A 1º de primaria foron Carla e Gracia a contar "Coco el perro"






Os alumn@s de 1º quedaron encantados!!



Tamén desfrutaron de dúas divertidas historias sobre Iago, os alumnos de 4 anos.

Martín, Mateo, Hugo e Pablo encargáronse de contar os contos.


Pablo non sae no cartel pois no momento de levalo a cabo él non estaba na escola e non sabíamos con certeza se estaría para a sesión e finalmente puido vir!!






Ademáis, os catro compañeiros confeccionaron uns gorriños como os de Iago para agasallar a cada neno, que marcharon con eles todos contentos.




E por último, as compañeiras de 5º de primaria, Celia, Daniela e Aroa, visitaron aos nenos e nenas de 3 anos apra contarlles dúas historias de 5 minutos.






As nosas compañeiras viñeron moi preparadas, para dramatizar as historias.

























mércores, 19 de xaneiro de 2022

Novos contacontos: "A máscara do león" e "Mi vida de abeja"

 Hoxe, algunhas alumnas de 4ºA tamén contaron contos!!


Sara e Lourdes prepararon o conto "Mi vida de abeja" e visitaron aos compañeiros de 2º na biblioteca.





Ademáis, Carlota, visitou a clase de 6º para contarlles "A máscara do león".




Grazas rapazas!!!

martes, 18 de xaneiro de 2022

Primeiros contacontos de xaneiro!! Mario e Miguel

 

Neste mes de xaneiro sa tivemos os primeiros contacontos. 

Foron Mario e Miguel, de 4ºA, os encargados de contar "Elefante comellón". 

O seu compañeiro  Hugo non puido contar o conto con eles, pero haberá máis ocasións!





Eles quixeron contar esta historia aos seus compañeiros de 4º B, que ó rematar, os despediron cun gran aplauso e un enorme sorriso.












domingo, 2 de xaneiro de 2022

Recomendacións lectoras!!

 

Aquí vos deixamos unha selección de lecturas, por si vos apetece pedir aos Reis Magos algunhas delas!