CONTACONTOS

mércores, 8 de maio de 2024

SAÍDA Ó MUSEO DO CICLO DE INFANTIL (MAIO)

  Listos e preparados rumbo á saída escolar ó Museo de Pontevedra!!! Por parellas, sentámonos no autobús cunhas sonrisas enormes e moita ilusión. Fomos os de 3, 4 e 5 anos e, por iso, precisamos un autobús grande e outro pequeno. Que gañas tiñamos de excursión!!!









O autobús deixounos moi preto do museo pero, aínda así, debiamos camiñar un pouquichino. Así que,  de maneira ordeada, sen correr e sempre atentos ás mestras, iamos pola beirarrúa, arrimadiños á parede para deixar pasar tamén ós outros peóns.


Ó chegar, deixamos os abrigos nunha gran caixa porque alí dentro facía calorciño, pero o que si deixamos foron as camisetas coas que estabámonos identificados e non non iamos perder.




Dentro da sala, Sabela explicounos moitísimas cousas pero tamén tiñamos que gardar silencio porque non podía berrar moito e todos debiamos escoitar as explicacións. Ademáis, había outros grupos de alumnos maiores que estaban escoitando ás súas monitoras no seu obradoiro.


E chegamos á sala onde estaba a BRUXA GRANDÍA!!!! 







E falounos de que o seu bosque todo era gris e que non coñecí outras cores, nin era quen de sentir emocións. Non sabía nin que era o enfado, a tristura...NIN AS RISAS!!!!


Pero un día de tormenta, o seu amigo o gatiño Medo un susto levou e, co estrondo da tormenta, fuxíu ata atopar acubillo nun edificio grande e, nel, vivieron unha aventura que lles permitíu descubrir as cores e as emocións.


Despois de estar na sala, marchamos á entrada onde había mesas e cores e así puidemos colorear á Bruxa Grandía e o seu gato!!! Menudas risas!! 
(Aínda que tamén estivemos facendo visitas ó baño mentres tanto)



Ó rematar, baixamos polo ascensor ata a planta baixa, fomos todos ó baño, recollimos os abrigos e....marchamos de camiño ó parque!!!


Alí merendamos todos xuntos, bebimos auga e, a medida que remataban, podía ir xogar no parque que non había ninguén!













O tempo non puido ser mellor!!! Pasámolo xenial e temos gañas de NOVA EXCURSIÓN!!! 

E marchamos a casa cunha experiencia espectacular xunto cun libriño para colorear da historia de Grandía "A bruxa de Cores"

PARA MÁIS FOTOS PINCHADE NESTE ENLACE







venres, 3 de maio de 2024

DISFRUTANDO DAS ACTIVIDADES DIVERSAS NA RUFITECA (4º EP)

 Os venres gozamos dunha sesión na nosa Biblio. Un momento no que cada un de nós escolle que actividades desexa facer. Pasámolo xenial aprendendo e compartindo tempo de lecer en grupo.









xoves, 2 de maio de 2024

DIA INTERNACIONAL CONTRA O ACOS ESCOLAR

 

O alumnado de 4º EP realizou un pequeno vídeo da súa actividade polo Día Internacional contra o acoso escolar.