CONTACONTOS

domingo, 31 de xaneiro de 2021

SEMANA DO ENTROIDO

 A PRÓXIMA SEMANA SERÁ A DO ENTROIDO NO NOSO COLE.

O PROXECTO DESTE CURSO XIRA EN TORNO A RECICLAXE E, POR ISO, RUFIÑO NOS PROPÓN CONVERTIRNOS EN ALGO ASÍ COMO SUPERHEROES E SUPERHEROINAS DO NOSO PLANETA.
ENTRE O LUNS 8 E O VENRES 12 HABERÁ UNHA SERIE DE MANDATOS QUE A RUFIÑO LLE GUSTARÍA QUE SIGADES.
ESTES SON:






DÍA DA PAZ

 

 

Este ano, para conmemorar o día da Paz, pedimos colaboración ás familias para que nos achegaran recomendacións tanto de libros como de películas, que tratasen en torno a valores de PAZ: respecto, tolerancia, solidariedade, empatía, colaboración e axuda, resolución pacífica de conflictos..

Ahí van!!

 

 

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS


 

 

RECOMENDACIÓNS CINEMATOGRÁFICAS

 



Tamén entre todo o alumnado e profesorado creamos un enorme mural con estas recomendacións e cunha xigangesca pomba, feita con material de refugallo, que cada neno/a traeu da súa casa.




A continuación deixamos algúns contos e curtas para pensar...

 

Para os máis pequenos, "O SEGREDO DE FLORA".


 


 

 


 


mércores, 27 de xaneiro de 2021

ANABEL E LUCAS NOS CONTAN "EL CAZO DE LORENZO"

 

Esta semana, os nosos compañeiros de 4º de primaria, Anabel e Lucas, grabaron na biblioteca o conto "El cazo de Lorenzo". 


Desfrutade coa historia!!





luns, 25 de xaneiro de 2021

YAIZA NOS RELATA "DRAGUSTÍN, UN DRAGÓN DE CINE"

 

 A nosa compañeira Yaiza, de 6º de primaria, nos conta a historia "Dragustín, un dragón de cine".



 

GRAZAS YAIZA POLA TÚA HISTORIA!!


 

sábado, 23 de xaneiro de 2021

AROA E CELIA NOS CONTAN "AHORA O NO, BERNARDO"

 

Esta semana tamén se apuntaron ao contacontos as compañerias Aroa e Celia, coa historia "Ahora no, Bernardo".

ESTÁ ADICADA AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

 

 




NORABOA RAPAZAS!!




venres, 22 de xaneiro de 2021

É O TURNO DE ANABEL E CELIA CON... "A QUE SABE A LÚA".


 

 

As nosas compañeiras de 4º nos contaron "A que sabe a lúa".

ESPECIALMENTE ADICADO AOS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA.

 

 

 

Desfrutade coa historia!!

 




GRAZAS RAPAZAS!!!




mércores, 20 de xaneiro de 2021

ELENA, NAIARA, ALBA E XIANA NOS CONTAN "NI GUAU NI MIAU".

 

 

Nesta ocasión as nosas compañeiras de 5º nos contaron, dramatizando en ocasións, unha historia dun can e un gato e o fixeron moi moi ben!

ESTÁ ADICADO AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

 



 
NORABOA RAPAZAS!!
UNHA HISTORIA MOI AMENA!!

martes, 19 de xaneiro de 2021

ESPERANZA E LAURA NOS CONTAN "O LIBRO DA ILLA DE ONS"

 

 

 Esperanza e Laura, de 6º de Primaria, nos contaron "O libro da illa de Ons".

ADICADO AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

 



MOITAS GRAZAS RAPAZAS POLA HISTORIA!!



sábado, 16 de xaneiro de 2021

PROGRAMA DE RADIO GRAVADO POLO ALUMNADO DE 4º E 5º DE PRIMARIA

 

 

O martes 12 o alumnado de 4º e 5º de primaria participou nun obradoiro de Radio escolar e o froito desta experiencia foi a creación dun progrma de Radio, no que tiveron que preparar os textos cos que participarían e gravalo.

 

Tiveron a axuda dos membros de Ponte nas Ondas, que lles ensinaron como traballar co programa Audacity así como algunhas cuestións relativas a oralidade, entonación e locución.


Ahí vai o resultado!


xoves, 14 de xaneiro de 2021

KATIA E SABELA NOS CONTAN "TRES HAN DE SER"

 

Nesta ocasión as compañeiras de 6º, Katia e Sabela, achegáronse á biblioteca a contar "Tres han de ser".


ADICADO AOS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA.

 


 
 
 
 

 

 

E para rematar, un agasallo de Rufiño e o seu equipo, unha chapa e unha libreta!

Noraboa rapazas, encantounos o conto!

 


martes, 12 de xaneiro de 2021

CURTAS PARA PENSAR.......

 

 

No centro estamos inmersos nun proxecto sobre O COIDADO DO NOSO PLANETA E RECICLAXE. 

Fixemos unha selección de curtas, coas que reflexionar.


Pero comezaremos cun CONTO  "Rana de tres ojos",  que nos fala sobre como colectivamente, colaborando entre todos, se poden buscar solucións para cambiar o rumbo das cousas e transformar as nubes grises en ceo despexado!




 

Para os máis pequenos, nesta curta descubrirán un pequeno superheroe, sempre disposto a coidar do planeta.


 

 E agora unha curta que se centra na contaminación marina por prásticos.


 


As seguintes curtas ensínanos que cos residuos orgánicos se poden facer moitas cousas.



 




Entre a contaminación e residuos que invaden a cidade dos nosos protagonistas, algúns habitantes da zona deciden probar a separar o lixo. E así descubren que a cidade se vai transformando a medida que eles separar os diferentes elementos.