CONTACONTOS

luns, 25 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES- 24 OUTBRO

 

Dende 1997 celébrase o día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.


No colexio, montamos unha pequena exposición con lecturas relacionadas co noso proxecto deste curso, "Ponlle sabor á túa vida", en torno á Alimentación.



Conectado tamén co proxecto, montamos outra exposición de "merendas creativas", que o alumnado trouxo á escola con motivo do día mundial da Alimentación.




Ademáis, o alumnado decorou uns marcapáxinas con formas de vexetais, que intercambiará con algún compañeiros de clase.