CONTACONTOS

xoves, 21 de decembro de 2017

MIL GRAZAS!!

E aquí tedes o resultado do Mercadillo Solidario!! 
Poucos libros e un montón de comida que se vai directamente
 para O Banco de Alimentos de Pontevedra.
 Foi todo un éxito esta iniciativa solidaria que esperamos poder volver a repetir nos próximos cursos.  Dende a Rufiteca queremos darvos as grazas, familias, pola vosa colaboración e axuda!!



LECTURAS PARA O NADAL

Xa están aquí as recomendacións lectoras para o Nadal!! 
Rufiño traballou intensamente buscando os mellores libros de lectura e música 
para que disfrutedes durante as vacacións!!
 Eu xa elexín os que vou pedir. E ti...xa sabes cal queres? 







O CICLO DE ED.INFANTIL FELICITA O NADAL

Xa chegamos a unha das épocas mais agardadas do ano para os pequenos. Unha época máxica e chea de ilusións. Este ano, os pequenos convertéronse en renos pero non uns renos calquera! Son uns RENOS PEREGRINOS que viñeron de todo o mundo nestas datas peregrinando cara Santiago pero deu a casualidade que pararon descansar en Campañó e aprovecharon a ocasión para deixarvos esta felicitación de Nadal que agardamos de vos guste:







Asemade, as mestras de infantil e a cuidadora fixeron un parón na súa labor diaria para felicitarvos as festas dunha maneira especial. Levaron tempo ensaiando para este día e así nos despedimos ata á volta das vacacións. BO NADAL!!!



martes, 19 de decembro de 2017

MERCADILLO SOLIDARIO

Xa está montado o Mercadillo Solidario!! 
Animádevos a donar alimentos non perecedoiros por libros. Hai un montón!!


Este Nadal, colaboremos todos nesta iniciativa tan especial e bonita!