CONTACONTOS

xoves, 26 de maio de 2022

"Los tres cerditos" contado por Ariadna, Ainhoa e Cecilia.

 As nosas compañaeiras de 3º de primaria visitaron a aula de 3 anos para contar un conto que aos nenos/as lles encanta, Os tres porquiños!!!


Desfrutaron moito cunha historia que coñecen moi ben pero que encantados a volverían a escoitar moitas outras veces!







Ceci, Gema e Nayra contan un conto aos compañeiros de 5 anos.

 As nosas compañeiras de 3º de primaria visitaron aos nenos e nenas de 5 anos para contarlles o conto "A cousa que máis doe do mundo".


Quedaron encantados!! Grazas rapazas!!






luns, 23 de maio de 2022

Os alumnos/as de 3º de primaria fan un traballo sobre un libro de Paula Carballeira

 O alumnado de 3º de primaria traballou a partir da lectura do libro "BRUXA E FAMILIA" de PAULA CARBALLEIRA.


Fixeron uns traballos ben interesantes, que deixan máis que claro que lles gustou moito o libro. 
Aquí vos deixamos unha mostra.













A autora tiña pensado vir ata o colexio a falar do seu libro cos alumnos e facer unha sesión de contacontos pero tiña a axenda completísima e non puido ser.

Pero Paula enviou unha mensaxe por audio ao alumnado desculpándose e saudándoos.






Os alumnos e a profe de 3º, Peque, quedaron encantados e tamén lle enviaron unha mensaxe de agradecemento.




Ademáis, ó non poder vir Paula, a editorial Santillana enviou a Manolo Solla a contar uns contos moi divertidos.
 Podedes ver máis na anterior entrada da biblioteca, que aparece a continuación.




Novo contacontos na biblio!! Manolo Solla

A semana pasada desfrutamos dun novo contacontos na biblio.
A editorial Santillana enviounos ao fantástico Manolo Solla, para contar un conto moi divertido sobre mascotas. 

Además tamén desfrutamos dalgún truquiño de maxia moi pero que moi sorprendente.









domingo, 22 de maio de 2022

Pablo e Erick contan o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza"

 Esta semana foron Erick Dios e Pablo Castro os encargados de deleitar cunha nova historia aos nenos e nenas de 3 anos.


Contaron o conto tan divertido da toupiña e fixérono moi ben!








domingo, 8 de maio de 2022

Teatro con Queliña na biblio do cole: "SOMOS IGUAIS"

 A semana pasada os nenos e nenas e mestras de infantil desfrutaron dunha sesión de contacontos con Queliña coa súa obra "Somos iguais", na que os fixo viaxar por unha serie de aventuras e historias para trasladar a mensaxe da igualdade.








E como mostra do ben que o pasaron, vos deixamos un anaquiño do vivido, no momento da despedida.

 ,


Máis contacontos das familias polo mes do libro!!!

Continuamos a recibir visitas dalgunhas familias para contar contos nas aulas dos seus fillos!!


En 2º de primaria estivo Andrea, a nai de Sofía Beis




 Tamén contaron contos Esther a nai de Pablo Castro, Patricia a nai de Erick, e Milagros a nai de David.

Non dispoñemos de fotos destes contacontos, pero lles damos as grazas e esperamos que repitan cando queiran!! 😊


En 3º de primaria estiveron estes días 

Diana a nai de Mauro






e Victoria, a nai de Martín.







Os nenos e nenas fixeron este precioso cartel de agradecemente a todas as familias para agradecer as súas lecturas.






Tamén na clase de 6º tiveron a visita de Bea a nai de Pablo.






Na aula de 4 anos estivo a nai de Xoel Peleteiro contando uns contos de piratas, xunto con Xoel.





Moitas grazas familias!!!!!

martes, 3 de maio de 2022

CONTACONTOS DAS FAMILIAS POLO DÍA DO LIBR0!

 Este curso polo día do libro invitamos ás familias a contar contos nas clases dos seus fillos, durante unhas semanas de abril e maio.


Achegáronse ao cole algunhas delas. 


Na aula de 3 anos estivo a nai de Bruno contando o conto "Islachís".



Na aula de 5 anos, a nai de Irene contou o conto "Pilu, Pilu".




Na aula de 3º achegouse a nai de Cecilia a contar o conto "Comelibros". Prepararon un cartel moi chulo para anunciar a súa visita.