CONTACONTOS

luns, 26 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: DE AGASALLO....UN MARCAPÁXINAS!!

 


Ola amiguiños/as!!!


Hoxe celebramos na escola o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, que foi o sábado 24.

O celebramos dun xeito moooi especial, agasallando a un compañeiro/a doutra aula cun marcapáxinas feito por cada un/ha de nós.


En cada clase usamos diferentes técnicas e ideas para confeccionalos e unha vez rematados, quedaron uns días en aillamento para poder entregalos este luns.


E así nos foi hoxe no intercambio!


Infantil 3 anos e Infantil 5 anos









Infantil 4 anos e 1º de primaria








2º e 6º de primaria







3ºA e 3ºB








4º e 5º de primaria










luns, 12 de outubro de 2020

domingo, 4 de outubro de 2020

Rufiño xa está de volta!!!

 Hola amiguiños e amiguiñas!!

Comezou o mes de outubro e despois de traballar na preparación e organización da Biblioteca para adaptala ás novas medidas derivadas da Covid 19, por fin o Equipo de Biblioteca, xunto con  Rufiño, vos damos a benvida e vos comunicamos que a biblio xa está á vosa disposición.


Este ano será un pouco diferente pero seguro que entre todos/as logramos levar a cabo moitas experiencias e participar en moitas aventuras que enchan de luz tantas restriccións  e medidas de seguridade.


Para acceder á biblioteca teremos que seguir unha serie de medidas que estarán ao voso alcance nun cartel na entrada da biblioteca.



Este curso a biblioteca non abrirá  nos recreos  pero cada grupo teredes reservado un día á semana para levar a cabo o préstamo de libros, dinamizado polos membros do Equipo.


Ademáis, estade atentos/as porque Rufiño seguirá a enviar cartas para contarvos moitas novidades e tamén para pedirvos axuda en actividades


Moitas apertas e nos vemos na Rufiteca!!