CONTACONTOS

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Este curso o proxecto é "Aquí pintamos todos" e, por iso, desde a Rufiteca, propuxemos varias actividades arredor desta temática.

ACTIVIDADE 1: 

O alumnado fixo a súa propia TARXETA DE RECOMENDACIÓN DUN LIBRO ( aparece a súa foto co seu libro favorito, o debuxo da portada e as razóns de por que é o seu preferido). Están nos taboleiros dos corredores para que todos os nenos e nenas poidan consultalos.











ACTIVIDADE 2: 

Durante o PLAN LECTOR do centro, nais e pais de alumnos convértense en CONTACONTOS e, por iso, dado o éxito de participación, estas sesións de contacontos duran varios días. A verdade é que foi un éxito total e o alumnado disfruta moito e os profes quedamos abraiados coa posta en escea e a implicación das familias. Agardamos que, cada ano, sexamos máis!!

PINCHAR NA IMAXE da programación dos contacontos para ver AS FOTOS.





ACTIVIDADE 3: 

Entregáronse algúns pasatempos relacionados co proxecto de centro para que se divirtan aprendendo . Tamén subimos estas e outras actividades que podedes descargar e imprimir na casa:


 SOPAS DE LETRAS





luns, 17 de abril de 2017

PAIS E NAIS CONTACONTOS

O 23 de abril é o Día do Libro e, no colexio, imos levar a cabo unhas sesións de contacontos  e, outro ano máis, contamos coa marabillosa participación de varios familiares dos alumnos. Nesas sesións descubriremos novas aventuras, novas historias e novos contos que estamos seguros que deixarán abraiados ós nosos pequenos lectores. 

Como son moitos os que queren participar, tivemos que programar varias sesións, pero no caso de que outros queiran animarse, soamente teñen que porse en contacto con nós e atopamos un oco axiña!

A continuación adxuntamos a PROGRAMACIÓN da nosa Rufiteca para conmemorar o Día do Libro:


venres, 7 de abril de 2017

Poema sobre Picasso

Os nenos e nenas de 5º de Ed.Infantil traballaron cun poema sobre Picasso e recitárono para o programa de Onda Cero "Dalle á lingua". Aquí vos deixamos o vídeo da súa exposición do poema:


luns, 3 de abril de 2017

Os nenos e nenas de 4 anos falan de arte na Radio Pirata Campañó




O alumnado de 5º de Educación Infantil subiu á Radio Pirata a recitarnos unhas marabillosas poesías sobre Gaudí e Picasso, os pintores sobre os que traballaron este curso.

Disfrutádeas!