CONTACONTOS

xoves, 21 de marzo de 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: DANIELA

 Hoxe o alumnado de 3 anos recibiu na súa aula o cartel dun contacontos:


Daniela decidiu contar esta historia sobre as emocións ós nenos e ás nenas máis peques do cole. 

Mirade que atentos e atentas estaban!


Moitas grazas Daniela pola túa visita!

mércores, 20 de marzo de 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: SARAY E LAURA

 Hoxe foi o alumnado de 1º de Educación Primaria o afortunado en recibir a visita de dúas compañeiras, Saray e Laura, as cales chegaron cheas de ganas e ilusión por contar a historia de Orellas de bolboreta.


Sen dúbida foi unha visita moi especial que o alumnado xa está desexando repetir!


Moitas grazas a Saray e Laura, foi un pracer pasar ese tempo con vós!

martes, 19 de marzo de 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: PABLO E MARTÍN

 Nova semana de contacontos no cole!

Esta vez foron os nosos compañeiros Pablo e Martín os encargados de visitar a aula de 2º de Educación Primaria para facer rir ao alumnado coa historia de El pedo más grande del mundo.


Que ben o pasaron con este conto tan divertido! Non perderon detalle!


Moitísimas grazas pola vosa visita Pablo e Martín!

sábado, 16 de marzo de 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: AINHOA E ARI

 Segunda xornada de contacontos da semana!

O xoves foron Ainhoa e Ari as encargadas de facer que o alumnado de 5 anos desfrutase no tempo de lectura da historia de Emma se pone guapa.


Os nenos e as nenas de 6º de educación infantil non perderon detalle da historia e é que, ademais de ser un conto cunha aprendizaxe final, as nosas contacontos fixérono xenial!



Moitísimas grazas Ainhoa e Ari!

xoves, 14 de marzo de 2024

OS NOSOS CONTACONTOS: SAIRA, BLANCA E SABELA.

 O pasado martes comezaron, un curso máis, os contacontos entre o alumnado do cole.

As primeiras en deleitar cun fermoso conto aos seus compañeiros e compañeiras -neste caso ao alumnado de 4 anos- foron Saira, Blanca e Sabela.

Todas e todos estiveron moi atentas e atentos á historia de Non fai falta a voz e é que as nosas compañeiras son auténticas profesionais nisto de contar historias!

O alumnado de 5º de infantil quedou tan agradecido que non dubidaron en rematar a sesión regalándolles unha enorme aperta de grupo!

Moitísimas grazas pola vosa visita!