CONTACONTOS

venres, 20 de setembro de 2024

SAÍDA ESCOLAR A FICBUEU (CURTAMETRAXES)

 Tivemos a sorte de acudir a FICBUEU!!! O alumnado de 5ºEI, 6ºEI e os de 1º,2º,3º,4º EP estaba moi emocionado por facer a saída xa nada máis comezar o curso e máis cando está relacionada co proxecto que estamos a traballar.


Dividíronnos en 2 grupos: infantil e primaria. En ambos casos proxectáronnos varias curtametraxes que NOS ENCANTARON!! Cunhas rimos e, con outras, nos emocionamos.

Despois marchamos merendar e recobrar forzas porque despois...


...tiñamos que xogar nun parque xenial con outros nenos doutro colexio que tamén viñera a ver as curtas!!

Pasámolo xenial!!! Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

OBRADOIRO TENIS (3º E 4º EP)

 O martes 17 e o xoves 19 de setembro, o alumnado de 3° e 4° de Primaria acudiu ao Clube de Tenis de Pontevedra a presenciar o "Torneo Pontevedra Internacional Junior U14". Alí, ademáis de ver partidos de tenis, practicaron un pouco de tenis en terra batida e pádel.






Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

OBRADOIRO DE FÚTBOL SALA (1º,2º,5º,6º EP)

O luns, 16 de setembro, as xogadoras do Poio Pescamar FS achegárone ao colexio a dar a coñecer o fútbol sala.


O alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria practicaron diferentes xogos, lanzamentos a portería e partidos de fútbol sala entre eles.


PARA VER MÁIS FOTOS, 

PINCHAR ESTE ENLACE AO ALBUM.