CONTACONTOS

domingo, outubro 27, 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: MERCADILLO SOLIDARIO

 Continuando coa conmemoración do Día das bibliotecas escolares levouse a cabo a segunda actividade: un mercadillo solidario de intercambio de libros de segunda man por material necesario para a protectora "Os palleiros".

Nos días previos á celebración do mercadillo o alumnado voluntario foi preparando os libros: clasificando e poñendo a etiqueta de "Adopta un libro".

Os postos do mercadillo colocáronse na biblioteca por seccións: Educación Infantil; 1º e 2º de Educación Primaria; e 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.



Xa tendo todo listo só faltaba pasar polo mercadillo para recoller cada neno/a un máximo de 3 libros.


Máis fotos no seguinte enlace: MERCADILLO SOLIDARIO

Por outra banda estableceuse un punto de recollida do material para a protectora na entrada do cole na que os nenos/as foron deixando a comida, produtos de hixiene...



Un éxito total grazas á colaboración de toda a comunidade educativa!!

Desde as redes sociais de "Os palleiros" agradecen esta gran axuda!!

FACEBOOK OS PALLEIROS



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

 O 24 de outubro conmemórase o Día das bibliotecas escolares e no noso cole preparamos dúas actividades.

A primeira dela na que os nenos e nenas maiores se converten en padriños e madriñas lectoras para contarlle historias aos máis pequenos.

En cada recuncho do cole había unha pequena historia sendo contada.

Un día xenial de lectura compartida!!










Para ver máis fotos pinchade no enlace:

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES


CHARLA DA PROTECTORA "OS PALLEIROS"

Dentro da programación do Día das bibliotecas escolares estaba programada unha visita da protectora "Os palleiros".

Dúas voluntarias acompañadas de Teo e Marquesa foron explicándolle ao alumnado do cole a importante labor que realizan desde a protectora na recollida e coidado de animais abandonados.

Como remate de cada unha das charlas os nenos e nenas foron achegándose aos cans para poder darlles unha cariño.

Moitas gracias por esta colaboración!!!







Pero hai moitas máis fotos desta entrañable visita. Pincha no seguinte enlace:

VISITA "OS PALLEIROS"


domingo, outubro 20, 2024

CONTACONTOS "VOY A COMEDTE"

Este venres 18 de outubro continuo a actividade de ciclo de Educación Infantil de cada venres.

Nesta ocasión tocou sesión de contacontos a cargo da profe María Fanjul, que nos deu a coñecer "Voy a comedte".

Os peques non pararon de rir con esta historia tan divertida e tan ben contada!!!






FORMACIÓN DE USUARIAS E USUARIOS

 Un grupo de 4 nenos e nenas de 6º de Primaria, con axuda da profe Tanya, foron os responsables de facer a formación de usuarios deste curso.

Durante varios días durante a hora de ler foron pasando todos os cursos de Primaria.

A formación incluía aspectos tales como a organización dos libros, as normas de uso da biblioteca, os diferentes espazos cos que conta...

Moitas grazas por este traballo tan ben feito Ana, Nayra, Pablo e Eva!!


Para que todas as familias poidan consultar este manual aquí vos queda!!

FORMACIÓN DE USUARIOS



venres, outubro 11, 2024

CONTACONTOS "MONCHO E A MANCHA"

Este venres 11 de outubro na Rufiteca tocou sesión de contacontos cos peques de 4 e 5 anos.
A profe María Otero contoulles a historia de "Moncho e a mancha".
Pasaron un rato ben divertido escoitando este conto e acabaron a sesión levando cada un a súa propia mancha negra para convertila no que eles quixeran.



OBRADOIRO NO DÍA DO DOENTE OSTOMIZADO

 O alumnado de 5º de Educación Primaria puido conmemorar na nosa biblioteca o Día do doente ostomizado o pasado 5 de outubro.

Puido coñecer de primeira man como é o día a día dun doente ostomizado, as súas necesidades e limitacións, e tamén repasar o funcionamento do sistema dixestivo.

Trátase así de dar visibilidade e conmemorar ao doente ostomizado no seu día.
 Foi unha experiencia moi interactiva e enriquecedora.


Moitas grazas ao equipo médico do centro de saúde de Lérez pola súa dedicación e o agarimo co que fixeron todo.

Para ver máis fotos, PINCHAR NO ENLACE.

domingo, outubro 06, 2024

SESIÓN DE CINE NA RUFITECA

 O venres, na Rufiteca, levouse a cabo a primeira sesión de cine deste curso para todo o ciclo de Infantil.

Cada un coa súa entrada e vaso de "palomitas" foron entrando na biblioteca para disfrutar de 3 curtametraxes.

Todos xuntos pasaron un rato ben divertido!!!




CONTACONTOS EN 3 ANOS

 Esta semana dúas nenas da clase de 2º de Primaria, Mariña e Andrea, visitaron a clase dos peques de 3 anos.

Nesta visita contáronlle unha bonita historia na que estiveron moi atentos e atentas.

Moitas gracias!!!


APERTURA DA BIBLIOTECA DE FAMILIAS

Na entrada do noso cole podedes atopar unha biblioteca familiar.

Está aberta a toda a comunidade educativa tanto para consultas alí mesmo como para levar en préstamo para casa.

Agardamos moitas visitas!!!

xoves, outubro 03, 2024

OBRADOIRO POLO DÍA DO DOENTE OSTOMIZADO ( 5 OUTUBRO)

  Hoxe o alumnado de 5º de Primaria puido coñecer de 1ª man como é o día a día dun doente ostomizado, as súas necesidades e limitacións e tamén repasar o funcionamento do sistema dixestivo.

Trátase así de dar visibilidade e conmemorar al doente ostomizado no seu día, o 5 de outubro. Foi unha experiencia moi interactiva e enriquecedora.


Moitas grazas ao equipo médico do centro de saúde de Lérez pola súa dedicación e o agarimo co que fixeron todo.

Para ver máis fotos, PINCHAR NO ENLACE.