Os rapaces e as rapazas de 4º amósannos todo o que aprenderon aon longo do curso sobre o cine. De seguro nos sorprenden con datos do máis interesante.
Os rapaces e as rapazas de 4º amósannos todo o que aprenderon aon longo do curso sobre o cine. De seguro nos sorprenden con datos do máis interesante.
As nosas entrevistas en inglés ao noso auxiliar de conversa seguen. Que nos contará esta vez? Imos saber máis sobre el. E logo escoitaremolo a el entrevistar aos rapaces e rapazas de 5º para saber sobre eles. Seguro que descubrimos datos moi interesantes. Non o perdades !!!!!!!
Chegou o martes, cun calor propio do verán, polo que organizamos unha gran festa da escuma no colexio.
Organizámosnos por cursos para a inmersión na escuma. Todos preparados cos bañadores, calzado para mollar, gafas de sol e moitísimas ganas de FESTA!!! Despois de disfrutar e ben mollados, cada curso ía a súa zona para mudarse de roupa aínda que, coa calor que facía, xa apenas se precisaban as toallas! jeje
Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.
O venres, 13 de xuño, o ciclo de infantil disfrutou da excursión de fin de curso á Granxa Escola Apípolis.
Ó chegar alí, fixemos os grupos mixtos, nos que nos mesturamos nenos e nenas dos 3 cursos. Cada grupo pasou polos diferentes obradoiros:
- Visita á exposición
- Obradoiro de cociña coa realización de galletas de mel.
- Taller de fabricación de velas de cera.
- Visita ás colmenas cos traxes de apicultores mini.
Despois tivemos momentos da merenda, da comida e de xogo. Que ben o pasamos!!!
Para ver TODAS as fotos, PINCHADE NESTE ENLACE do álbum.
VISITOUNOS NA BIBLIOTECA DO COLE A CONTADORA RAQUEL QUEIZÁS, QUELIÑA, PARA UNHA SESIÓN DE CONTOS POLA IGUALDADE BAIXO O TÍTULO "DÁMOSLLE VOLTA AO CONTO!" EN COLABORACIÓN CO CONCELLLO DE PONTEVEDRA.
A ESTA SESIÓN ACUDIU O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL ACOMPAÑADOS DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.
CONTOUNOS HISTORIAS DA SÚA AVOA, QUE CON 14 ANOS XA GAÑABA PARA MANTER Á FAMILIA E QUE NON PUIDO IR Á ESCOLA, COMO ELA QUERÍA.
CONTOS DE MULLERES QUE SE FIXERON DONAS DO SEU DESTINO E DE HOMES QUE SE LIBERARON DA SÚA MASCULINIDADE E MOSTRARON A SÚA SENSIBILIDADE ENCHERON A RUFITECA.
E CHEGOU O FINAL DO EXITOSO CONCURSO "ADIVIÑA A PELI".
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS ÚLTIMAS PISTAS CORRESPONDENTES ÁS PELÍCULAS DESTA SEMANA.
POR UNHA BANDA AS PISTAS DO NIVEL MÁIS SINXELO, O NÚMERO 1:
E, POR FIN, AS SOLUCIÓNS!!
GRACIÑAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!!!
CHEGOU A ÚLTIMA PROXECCIÓN PARA O CICLO DE CINE DE EDUCACIÓN INFANTIL!!
ESTE VENRES 30 DE MAIO TOCOU SESIÓN CON "LILO E STICHT" QUE CONTINUARÁ O VINDEIRO VENRES 6 DE XUÑO.
CO NOSO VASO DE PALOMIÑAS GOZAMOS DUNHA SESIÓN DE CINE EN BOA COMPAÑÍA!!
CHEGARON AS ÚLTIMAS SESIÓNS DE CONTACONTOS DESTE CURSO COS SEGUINTES CONTADORES E CONTADORAS.
O XOVES 22 DE MAIO COMEZOU SAIRA (DE 5º DE PRIMARIA) CONTANDO "POMELO DESCUBRE" PARA O ALUMNADO DE 4 ANOS.
O VENRES 23 DE MAIO FOI A QUENDA DE BLANCA E JOREL (DE 5º DE PRIMARIA) QUE CONTARON "POR UNA MOSCA DE NADA" PARA O ALUMNADO DE 4 ANOS.
E FINALIZANDO, O LUNS 26 DE MAIO, BRUNO (DE 5º DE PRIMARIA) CONTOU "EL DRAGÓN QUE NO ERA VERDE" PARA O ALUMNADO DE 4 ANOS.