O Portal Educativo publica a Resolución de 14 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dan a coñecer os centros aos que se concede o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" neste ano 2016, no contexto do programa Bibliotecas Escolares Solidarias, unha iniciativa que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social. Entre as candidaturas presentadas, obteñen este Selo os centros seguintes:
- CPI P. Virxe da Cela, de Monfero (A Coruña)
- CEIP P. A Pedra, de Bueu (Pontevedra)
- CEIP Espedregada, de Poio (Pontevedra)
- IES de Poio, Poio (Pontevedra)
- CEIP de Parada-Campañó, de Pontevedra (Pontevedra)
- IES de Vilalonga, de Sanxenxo (Pontevedra)
Aceso á resolución
Ningún comentario:
Publicar un comentario