CONTACONTOS

sábado, 3 de xuño de 2017

DOCUMENTAL "As Meninas de Velázquez"

Co motivo do noso proxecto "Aquí pintamos todos", o alumnado traballou sobre o mundo da pintura coñecendo diversos artistas, os seus cadros, as técnicas plásticas utilizadas, experimentando novas formas de expresión srtística, etc.

En medio de toda esta aprendizaxe, centráronse no cadro "As Meninas" de Velázquez, descubrindo a técnica, o pintor e cada unha das personaxes que no cadro aparecía:
- Reproduxeron  de forma libre o cadro con cores máis alegres
- Pintaron á infanta coa técnica do puntuado
- Fixeron  monicreques coas personaxes e inventaron diálogos
- Reproduxeron a Velázquez utilizando cartulinas, témperas,...
- Recoñeceron os oficios daquela época e a función das personaxes que traballaban no Pañacio Real
- Comparamos as vestimentas do cadro coa Nosa actual
- Identificamos as personaxes do cadro e puxéronlle as etiquetas cos seis correspondentes nomes.
- Etc.

Foi moi divertido, gustoulles moitísimo o cadro e aprenderos un montón.Proba disto, elaboraron un pequeno documental como punto e final o proxecto deste año que agardamos que vos guste:


Ningún comentario:

Publicar un comentario