Onte, no noso colexio, houbo un
obradoiro sensorial para o alumnado de primaria levado a cabo polas asociacións
ACEESCA, COGAMI, AMENCER e ASEM, que contribúen a mellorar a calidade de vida das
persoas con diversidade funcional, das súas familias e da contorna,
promovendo o cumprimento dos seus dereitos e favorecendo a súa autonomía e
autodeterminación.
Os nenos e nenas do colexio tiveron que poñerse no lugar destas persoas e comprender como é o seu día a día.
Foi unha actividade de gran interese para todos, xa que nos fixo reflexionar sobre a cantidade de barreiras arquitectónicas e sociais aínda pendentes de desaparecer hoxe en día.
Dende aquí queremos agradecer a todas estas asociacións a súa iniciativa de acercarnos un pouquiño a súa realidade.
Gozamos un montón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario